Novas

  • Mancomún estrea contidos sonoros [Ler máis...]
  • #01-Mancomún Podcast, entrevistas aos relatores da xornada de “Software Libre Científico” [Ler máis...]
  • #02-Mancomún Podcast, Coruña Hacks [Ler máis...]
  • #03-Mancomún Podcast, liberación de cursos no repositorio documental do portal [Ler máis...]
  • #04-Mancomún Podcast, iniciación ao retoque fotográfico con GIMP no CDTIC [Ler máis...]
  • Remata o soporte de Ubuntu 14.04 LTS [Ler máis...]
  • Red Hat Enterprise Linux 8 [Ler máis...]
  • Vídeos da LibrePlanet 2019 [Ler máis...]
  • Aberto o rexistro da Akademy-es de Vigo [Ler máis...]
  • O parlamento asturiano apoia a campaña Public Money, Public Code [Ler máis...]
  • A Comisión Europea adopta CC BY 4.0 [Ler máis...]
  • Liberación de varios cursos no Repositorio documental de Mancomún [Ler máis...]
  • Varios estados da India escollen usar GNU/Linux [Ler máis...]

Caso de éxito

Casos de éxito de OpenBoard

Existen diversos casos de éxito de OpenBoard, ao ser unha aplicación do eido educativo, a maior parte do uso deste software dáse por parte de universidades e colexios.

Ao nacer OpenBoard en Suiza, conta con boa presenza nesa terra, existen casos de éxito en diversas entidades educativas como poden ser a Universidade de Lausanne, ou en distintos colexios e institutos do Cantón de Xenebra. Dende o departamento de educación do cantón xenebrino xa levan unha longa tradición de aposta polo software libre do que OpenBoard forma parte esencial sendo utilizado nas aulas polo corpo docente e polos alumnos.

OpenBoard non só ten presenza en Suiza, conta con presenza en diversos puntos do mundo, mesmo en Galicia temos un exemplo, formando parte do compendio de software dispoñible no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia.

Proxecto destacado

OpenBoard

OpenBoard é un proxecto de software libre que consiste nunha aplicación interactiva de encerado co foco posto no uso en centros de ensino. Este proxecto está liberado baixo GPLv3 e naceu dun fork do xa abandonado proxecto Open-Sankoré, que á súa vez derivaba de Uniboard. A primeira versión é do ano 2013 e foi unha versión que simplificaba o uso da aplicación.

É unha aplicación multiplataforma, que pode funcionar á perfección tanto en tabletas, portátiles ou computadoras así como en encerados dixitais e está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS.

Trátase dunha aplicación que permite realizar presentacións dun xeito interactivo combinando a visualización de imaxes e documentos, así como diversas ferramentas que permiten a escritura tanto mediante teclado como con un lapis dixital e tamén realizar debuxos e diagramas.


Formación e eventos


Segue a...

KDEBlog (@KDE_Blog) Blog de Baltolkien, profesor de secundaria apaixoado polo software libre sobre Software Libre en xeral e máis concretamente sobre a Comunidade KDE.

Pin It on Pinterest

Share This