Número 57 – Boletín de Software Libre na Administración – Abril 2019

Martes, 30 Abril 2019

Novas

  • Comeza unha nova etapa de GPUL Labs
    [Ler máis…]
  • Akademy-es de 2019 celebrarase en Vigo
    [Ler máis…]
  • Iniciada unha serie de artigos tecnolóxicos sobre ferramentas multimedia
    [Ler máis…]
  • Google Season of Docs: programa para documentación de proxectos abertos
    [Ler máis…]
  • A Amtega publica como software libre novas versións do seu arquetipo para desenvolver aplicacións web
    [Ler máis…]
  • EsLibre 2019, encontro sobre tecnoloxías e coñecemento libre
    [Ler máis…]
  • Xestión avanzada do portapapeis con CopyQ
    [Ler máis…]
  • OpenStreetMap e Deborah Nicholson gañadores dos premios da FSF [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Casos de éxito X-Road

Existen varios casos de éxito da solución X-Road, aínda que o primeiro foi na propia institución que comezou o seu desenvolvemento, a Autoridade de Sistemas de Información da República de Estonia. No ano 2017 Estonia e Finlandia fundaron o Instituto Nórdico para a Interoperabilidade de Solucións co obxectivo de desenvolver en común solucións para o goberno electrónico, entre as que estaban X-Road.

A plataforma de X-Road implantada por Estonia chámase X-Tee mentres que a de Finlandia trátase da Capa de Intercambio de Datos de Suomi.fi. Ambas implementacións de X-Road están conectadas entre si demostrando o potencial da solución. O portal de X-Tee ten incluso unha páxina con estatísticas, onde se poden ver datos como que no ano 2018 tiveron lugar máis de 980 millóns de peticións, máis de 2.700 servizos ofrecidos e 435 institucións e empresas conectadas actualmente.

Proxecto destacado

Logo de X-road

X-Road é un software iniciado no 2001 polo Departamento Estatal de Sistemas de Información de Estonia e liberado baixo a licenza MIT. Este proporciona unha capa de integración que permite o intercambio de información de xeito distribuída (a información é almacenada onde é creada), de forma segura e mediante estándares a través de internet.

O enfoque desta solución está posto na interconexión entre os sistemas de información existentes na administración dun país e ofrecer servizos dispoñibles a través da plataforma, tanto para a cidadanía xeral como para empresas. Debido a que a información a manexar polo sistema son datos sensíbeis e protexidos polas leis de protección de datos o sistema X-Road conta con varios mecanismos de seguridade implementados para garantir a confidencialidade, autenticidade e integridade dos datos que se manexan e distribúen a través do mesmo.

Segue a…

Software Freedom Conservancy (@conservancy)
ONG que axuda a promover, mellorar, desenvolver e defender os proxectos de software libre.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal