Novas

  • Comeza unha nova etapa de GPUL Labs [Ler máis...]
  • Akademy-es de 2019 celebrarase en Vigo [Ler máis...]
  • Iniciada unha serie de artigos tecnolóxicos sobre ferramentas multimedia [Ler máis...]
  • Google Season of Docs: programa para documentación de proxectos abertos [Ler máis...]
  • A Amtega publica como software libre novas versións do seu arquetipo para desenvolver aplicacións web [Ler máis...]
  • EsLibre 2019, encontro sobre tecnoloxías e coñecemento libre [Ler máis...]
  • Xestión avanzada do portapapeis con CopyQ [Ler máis...]
  • OpenStreetMap e Deborah Nicholson gañadores dos premios da FSF [Ler máis...]

Caso de éxito

Casos de éxito X-Road

Existen varios casos de éxito da solución X-Road, aínda que o primeiro foi na propia institución que comezou o seu desenvolvemento, a Autoridade de Sistemas de Información da República de Estonia. No ano 2017 Estonia e Finlandia fundaron o Instituto Nórdico para a Interoperabilidade de Solucións co obxectivo de desenvolver en común solucións para o goberno electrónico, entre as que estaban X-Road.

A plataforma de X-Road implantada por Estonia chámase X-Tee mentres que a de Finlandia trátase da Capa de Intercambio de Datos de Suomi.fi. Ambas implementacións de X-Road están conectadas entre si demostrando o potencial da solución. O portal de X-Tee ten incluso unha páxina con estatísticas, onde se poden ver datos como que no ano 2018 tiveron lugar máis de 980 millóns de peticións, máis de 2.700 servizos ofrecidos e 435 institucións e empresas conectadas actualmente.

Proxecto destacado

Logo de X-road

X-Road é un software iniciado no 2001 polo Departamento Estatal de Sistemas de Información de Estonia e liberado baixo a licenza MIT. Este proporciona unha capa de integración que permite o intercambio de información de xeito distribuída (a información é almacenada onde é creada), de forma segura e mediante estándares a través de internet.

O enfoque desta solución está posto na interconexión entre os sistemas de información existentes na administración dun país e ofrecer servizos dispoñibles a través da plataforma, tanto para a cidadanía xeral como para empresas. Debido a que a información a manexar polo sistema son datos sensíbeis e protexidos polas leis de protección de datos o sistema X-Road conta con varios mecanismos de seguridade implementados para garantir a confidencialidade, autenticidade e integridade dos datos que se manexan e distribúen a través do mesmo.


Formación e eventos


Segue a...

Software Freedom Conservancy (@conservancy) ONG que axuda a promover, mellorar, desenvolver e defender os proxectos de software libre.

Pin It on Pinterest

Share This