Número 56 – Boletín de Software Libre na Administración – Marzo 2019

Xoves, 21 Marzo 2019

Novas

  • Migración do Concello de Pasaia a software libre
    [Ler máis…]
  • Iniciativa de Internet de Próxima Xeración da Comisión Europea
    [Ler máis…]
  • Publicado un novo artigo sobre a industrialización con Hardware Libre
    [Ler máis…]
  • Todos os segundos martes de mes Galpon resolve dúbidas a usuarios noveis en Vigo
    [Ler máis…]
  • Aberta a inscrición ó FLISoL 2019 A Coruña
    [Ler máis…]
  • Comeza unha nova edición de Coruña Hacks o sábado 6 de marzo con espazo para a rapazada
    [Ler máis…]
  • Xornada sobre tecnoloxía SDR (Radio Definida por Software)
    [Ler máis…]
  • O programa Google Summer of Code premiará a estudantes que traballarán en máis de 200 organizacións de software libre
    [Ler máis…]
  • Ebook OpenExpo Tendencias Open Source e Software Libre 2019
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Universidad de Sevilla

oVirt conta con casos de éxito en diversos ámbitos, na páxina web do proxecto pode verse unha mostra dos mesmos. O caso que dende Mancomún se destaca este mes é o da Universidade de Sevilla a cal conta con arredor de 60.000 estudantes e na que utilizaban solucións privativas para contar con escritorios virtuais para os estudantado resultándolles esta excesivamente cara.

No curso académico de 2011/12 estrearon unha nova plataforma de virtualización baseada en oVirt implementada pola empresa Virtual Cable. A migración a esta infraestrutura comezou cun piloto de 180 escritorios co que se demostrou a solvencia tecnolóxica do proxecto que actualmente utilizan máis de 3.000 estudantes accedendo tanto internamente dende a universidade coma dende fora dela.

Proxecto destacado

Logo de oVirt

oVirt é unha plataforma de virtualización libre mediante a cal se pode xestionar por completo a infraestrutura de virtualización dunha organización. O proxecto foi iniciado por Red Hat e inclúe todas as pezas necesarias para a virtualización, dende o hipervisor ata a interface de xestión do centro de datos podendo realizar a xestión da infraestrutura conformada polos proxectos libres KVM, Gluster, PatternFly e Ansible.

Entre as funcionalidades de oVirt máis destacadas están a de ter unha interface web de administración mediante a cal se poden xestionar e configurara a rede, o almacenamento e as máquinas que conformen o centro de datos. Permite a migración de máquinas e discos virtuais entre máquinas físicas sen apagalas e permite a alta dispoñibilidade de máquinas.

Con todo isto oVirt é unha alternativa libre a outras plataformas de xestión de infraestrutura virtual como pode ser vmware tendo a unha empresa como Red Hat detrás.

Segue a…

Sandro Bonazzola (@SandroBonazzola) Team manager de oVirt e Red Hat Virtualization en Red Hat.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal