Novas

  • Un ano máis A FOSDEM reunirá en Bruxelas a máis de 8000 desenvolvedores e usuarios de software libre [Ler máis...]
  • Bricolabs organiza un obradoiro de iniciación a GIMP [Ler máis...]
  • A Unión Europea financiará a solución de erros en 15 proxectos de software libre [Ler máis...]
  • O CDTIC virtual da Amtega amplía a súa oferta de aplicacións libres cunha nova solución para a xestión empresarial [Ler máis...]
  • Publicado o informe sobre a reutilización de datos na Unión Europea [Ler máis...]
  • Proxecto Trasno no Culturgal 2018 [Ler máis...]

Caso de éxito

Caso de éxito img

Existen unha infinidade de casos de éxito de Moodle tanto por parte de empresas, administracións, universidades... Se analizamos o uso que se fai de moodle por parte das administracións públicas, o maior número de casos de éxito está no sector da educación, pero a pesar disto, existen casos en todos os sectores.

Hai unha lista moi grande de institucións educativas que empregan Moodle, como pode ser o campus virtual da UDC (Universidade da Coruña). fora do ámbito educativo existen casos de éxito como a sección de formación do portal de Cooperación de Aragón ou a plataforma de formación do consorcio de informática local de Mallorca, onde reciben formación informática os empregados de diversas entidades públicas locais de Mallorca.

Na Xunta de Galicia esta plataforma está sendo empregada en diferentes sitios como na Consellería de Educación para a formación do profesorado, así como para os centros educativos como pode ser na Aula virtual da EOI (Escola Oficial de Idiomas) da Coruña.

Proxecto destacado

Proxecto destacado img

Moodle é unha ferramenta de xestión da aprendizaxe que permite crear plataformas virtuais de formación. Trátase dunha aplicación programada en PHP e liberada baixo GPL mediante a cal se poden xestionar cursos en liña tanto para aprendizaxe virtual a distancia como para complementar cursos presenciais.

Está deseñado tendo en conta principios pedagóxicos e con ánimo de crear ambientes de colaboración, crítica, reflexión e con ferramentas que axudan á aprendizaxe tanto virtual como a presencial reforzándoa utilizando diversas técnicas como as "flipped classroom". Ademais, Moodle está deseñado para permitir a súa extensión mediante plugins e tamén a súa personalización.

Segundo as estatísticas de Moodle, existen a día de hoxe máis de 100.000 sitios rexistrados, en máis de 200 países, que ofrecen máis de 17 millóns de cursos a algo máis de 145 millóns de usuarios, e a plataforma está traducida a máis de 80 idiomas entre os que se atopan o galego e o castelán.


Formación e eventos


Segue a...

Juan Leyva (@jleyvadelgado)
Desenvolvedor de Moodle e lider do equipo Moodle Mobile.

Pin It on Pinterest

Share This