Novas

  • Os makers libres invadirán Coruña esta fin de semana na 7ª edición da OSHWDem [Ler máis...]
  • Nova edición de Xeración Ñu xa na nube [Ler máis...]
  • A Amtega concede o premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre [Ler máis...]
  • Dispoñible en galego Focus, o navegador privado de Mozilla para Android [Ler máis...]
  • Novas solucións publicadas na sección de Solucións TIC [Ler máis...]
  • Créase un directorio de código financiado publicamente [Ler máis...]
  • A asociación GALPon convídanos a unirnos á súa sala de Matrix [Ler máis...]

Caso de éxito

Caso de éxito Mattermost conta con numerosos casos de éxito de diversos sectores aínda que nos que máis incidencia ten é no sector das tecnoloxías TIC.

O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o do CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear), que para todas aquelas persoas que teñan credenciais de acceso ao seus sistemas poden desfrutar do servizo de Mattermost para mellorar a produtividade dos equipos de persoas e que o CERN ten despregado na súa infraestrutura contando tamén, ao igual que para o resto de sistemas, con guías de uso para os seus usuarios.

Proxecto destacado

Proxecto destacado Mattermost é un conxunto de ferramentas de colaboración que ten como epicentro un servizo de mensaxería instantánea, dende o cal se pode acceder ao resto de funcionalidades. Mattermost posúe unha API mediante a cal se poden desenvolver integracións con outros sistemas ou servizos como poden ser IRC, WordPress, Jenkins, Nagios, Git...

Mattermost tamén se acostuma presentar como a alternativa libre a Slack e de feito supera a esta en varios aspectos como pode ser no relativo á seguridade e privacidade, pois Slack só é un servizo mentres que Mattermost, aínda que tamén se pode empregar como servizo na nube, permíteche instalar o software en infraestrutura propia.


Segue a...

Rikki Endsley (@rikkiends)
Foi "evanxelizadora" do software libre e estándares abertos en Red Hat, actualmente é "Community Manager" de Opensource.com

Pin It on Pinterest

Share This