Novas

  • Chega a versión estable 1.0 de Flatpak [Ler máis...]
  • Queda menos dun mes para poder presentarse ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre [Ler máis...]
  • Liberada a nova MiniNo Queiles 3.1 LTS [Ler máis...]
  • Comeza unha nova etapa no Coruña Hacks este sábado día 6 de outubro [Ler máis...]

Caso de éxito

Caso de éxito Existen unha morea de casos de éxito de Chamilo, dende escolas e universidades ata calquera empresa ou entidade que precise servizos de tele-ensino.

O caso que nos ocupa neste boletín é o do Instituto Nacional de Innovación Agraria dependente do Ministerio de Agricultura y Riego de Perú. O Instituto conta con unha plataforma de tele-ensino implementada, á que lle chama Aula Virtual, que está implementada con Chamilo e desenvolvida pola empresa BeezNest a través da cal ofrece cursos formativos sobre agricultura.

Proxecto destacado

Proxecto destacado Chamilo é unha plataforma web de tele-ensino, é dicir, un xestor de contidos web deseñado especialmente para plataformas educativas a distancia. Ademais da solución software tamén existe a asociación Chamilo mediante a cal se coordina o desenvolvemento da solución, esta asociación tamén se encarga de xestionar a certificación dos fornecedores da solución.

Chamilo está implementado fundamentalmente en PHP e JavaScript e está liberado baixo GPL. Ademais das típicas funcións das plataformas de tele-ensino conta con soporte de SCORM e LTI, xeración de certificados automáticos, seguimento do progreso dos estudantes, soporte de múltiplas institucións... E destaca pola sinxeleza do seu uso.


Formación e eventos


Segue a...

MiradaDelReplicante (@tannhausser)
"La mirada del replicante" é un blog sobre GNU/Linux, software libre, tecnoloxía e activismo hacker

Pin It on Pinterest

Share This