Novas

  • Dell ofrece novos portátiles profesionais con Ubuntu preinstalada [Ler máis...]
  • As escolas de Berna usarán software libre [Ler máis...]
  • A cidade Quebequesa de Montreal inicia a súa andadura cara o software e hardware libre [Ler máis...]
  • O xoves 24 de maio os GPUL Labs pechan o curso cunha sesión sobre Flutter [Ler máis...]
  • A feira-congreso Open Expo Europe terá lugar o 6 e 7 e xuño en Madrid [Ler máis...]

Caso de éxito

Existen moitos casos de éxito de Mahara no sector da educación, sobretodo en Nova Zelandia, isto é así debido a que o proxecto comenzou alí e a que a empresa que lidera o seu desenvolvemento, Catalyst, ten a súa sede neste país. A empresa Catalyst alen de facer aportacións ao desenvolvemento tamén ofrece servizos sobre Mahara, Moodle e Totara como integracións, personalización, soporte e implanción.

Un dos casos de éxito é o de MyPortfolio levado adiante entre o Ministerio de Educación de Nova Zelandia e a empresa Catalyst, ofrecendo así unha ferramenta tecnolóxica libre e aloxada en Nova Zelandia para os colexios do país. Trátase dunha plataforma onde se permite aos estudantes crear un plan de estudos ou de carreira onde se poden ir rexistrando e vendo os avances que se van acadando e compartilo coa familia, profesores ou titores. Os profesores poden axudar e asesorar aos seus estudantes comentando nas suas carteiras.

Proxecto destacado

Mahara é unha plataforma software de xestión de carteiras, tamén coñecido como "e-portfolio" do inglés electronic portfolio. O proxecto naceu especificamente para satisfacer necesidades do sector educativo e este segue a ser o enfoque principal, aínda que tamén se pode empregar en outros sectores. As principais aplicacións no sector educativo son a posibilidade de centrar a ensinanza no estudante, onde este pode ir expoñendo os seus traballos e as súas competencias, podendo estas ser avaliadas ou asesoradas por os seus titores ou profesores así como tamén ferramentas como foros e grupos para a comunicación entre os usuarios.

A aplicación web, que conta con unha demo online, conta coas seguinte funcionalidades: Creación e compartillamento de carteira multimedia de forma personalizada e coa posibilidade de ser colaborativa. Organización de carteira tendo en conta competencias, tendo así unha visión de cales foron completadas. Mahara permite a escalabilidade podendo ten multiplas institucións e con miles de usuarios nun mesmo sitio. Permite a integración con outras plataformas como pode ser Moodle ou servizos de autenticación. Mahara tamén permite a súa extensión mediante plugins e paquetes de idiomas, entre os que se atopan o de galego e o de castelán.


Formación e eventos


Segue a...

Kristina DC Hoeppner (@anitsirk)
Lider do proxecto Mahara e "Community Facilitator" en Catalyst NZ

Pin It on Pinterest

Share This