Número 45 – Boletín de Software Libre na Administración – Abril 2018

Martes, 3 Abril 2018

Novas

  • Os GPUL Labs continúan con unha sesión de introdución ao framework Nest
    [Ler máis…]
  • Xornada “Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD” no CDTIC
    [Ler máis…]
  • Novo artigo da serie de artigos tecnolóxicos dedicados a Sistemas de Información Xeográfica
    [Ler máis…]
  • GNOME 3.28 está en galego
    [Ler máis…]
  • GitHub libera unha ferramenta para axudar a licenciar proxectos de software libre chamada Licensed
    [Ler máis…]

Caso de éxito

Existen moitos casos de éxito de Scylla, tanto en empresas privadas coma en entidades públicas. Na páxina de Scylla poden verse varias das experiencias destes usuarios.

Dende Mancomún destacamos o caso de éxito do CERN que foi quen de optimizar os seus recursos informáticos empregando Scylla nos seus proxectos. O CERN, debido aos seus proxectos de investigación xera xigantescas cantidades de información e para poder analizar e procesar estes datos, precisa acceder a eles tendo un rendemento o maior posible e unha latencia mínima. Á hora de escoller un sistema xestor de bases de datos, realizaron varias probas usando Apache Cassandra e Scylla, obtendo uns resultados seis veces mellores con Scylla, como consecuencia adoptaron Scylla como solución.

Proxecto destacado

Scylla é un software xestor de base de datos NoSQL distribuída e software libre que se deseñou para ser compatible con Apache Cassandra. Soporta os mesmos protocolos ca Cassandra e os mesmos formatos de ficheiros, a grande diferencia é que Scylla foi escrita en C++, mentres que Cassandra está escrita en Java, o que o fai ter un rendemento máis alto e latencia menor.

Scylla comezou en 2014 coma un proxecto no que se reescribiría Apache Cassandra en C++ e cara finais de 2015 foi liberada a primeira versión con licenza libre (AGPL) e o seu código está dispoñible en GitHub, a maiores do proxecto Scylla tamén existe a empresa ScyllaDB que é a empresa que se encarga do desenvolvemento do proxecto, mantemento e a maiores tamén ofrece licenzas “Enterprise” de Scylla, que inclúen diversos servizos como soporte, priorización na resolución de erros, etc.

Segue a…

Avi Kivity (@AviKivity)

Actualmente CTO de ScyllaDB, pero tamén é coñecido por iniciar o proxecto KVM

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal