Novas

  • A FOSDEM 2018 reunirá en Bruxelas a máis de 8000 desenvolvedores e usuarios de software libre [Ler máis...]
  • A AMTEGA colabora co proxecto de software libre Ansible liberando código [Ler máis...]
  • As distribucións de GNU/Linux van corrixindo as vulnerabilidades hardware Meltdown e Spectre [Ler máis...]
  • A cidade de París avoga polo uso do software libre nos servizos públicos mediante LUTECE [Ler máis...]
  • Publicado o código fonte da plataforma de datos abertos do Goberno de España (datos.gob.es) [Ler máis...]
  • A Unión Europea financiará a solución de bugs de VLC [Ler máis...]

Caso de éxito

Existen diversas entidades públicas que empregan GitLab para o control de versións e traballo en equipo, tanto na súa propia infraestrutura coma usando o propio servizo de GitLab ou outros fornecedores de GitLab. Algúns destes organismos teñen sona internacional, como poden ser o CERN (Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire), que é a Organización Europea de Investigación Nuclear, ou tamén o LRZ (Leibniz-Rechenzentrum), Centro de Supercomputación de Leibniz, pertencente á Bayerische Akademie der Wissenschaften (Academia Bávara de Ciencias e Humanidades). No ecosistema galego de entidades e organismos públicos atopámonos co CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC), que ten despregado un servizo de GitLab á que teñen acceso todas as traballadoras e empregan para o seu traballo diario, así como unha guía de uso. Tamén na Xunta de Galicia se emprega GitLab, en concreto no departamento de sistemas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) como sistema xestor de versións.

Proxecto destacado

GitLab é unha solución web de software libre de forxa, control de versións e integración continua que axuda ao desenvolvemento de software colaborativo baseada en Git. Ademais, Gitlab tamén é unha empresa que desenvolve e ofrece o software GitLab como servizo na nube. GitLab foi creada no 2011 polos Ucraínos Dmitriy Zaporozhets, Sid Sijbrandij e Valery Sizov baixo a licenza MIT e programado en Ruby, anque posteriormente algunhas partes reescribíronse en Go para mellorar en eficiencia. Dende 2014 Gitlab adoptou o modelo de negocio coñecido como "open core" e ten 2 versións distintas, Enterprise Edition e Community Edition, a Enterprise Edition é de pago e non é software libre e ten algunhas funcionalidades máis que a Community Edition. As principais ferramentas e características que permite utilizar GitLab son control de versións con Git, seguimento de incidencias, revisión de código, integración continua. Na páxina do proxecto hai un apartado con todas as características que hai nas distintas versión de GitLab.

Segue a...

Dmitriy Zaporozhets (@dzaporozhets) Dmitriy é desenvolvedor en Ruby e un dos fundadores e actual CTO de GitLab.

Pin It on Pinterest

Share This