Novas

  • Polonia pioneira co primeiro programa de libros de texto de fontes abertas [Ler máis... (En Inglés)]
  • Publicada a nova versión 1.5 de AutoFirma tamén para GNU/Linux [Ler máis... (En Castelán)]
  • Dispoñible nova versión do servizo de diagnóstico sobre accesibilidade dos sitios web públicos [Ler máis... (En Castelán)]
  • O portal europeo JoinUp faise eco do Plan de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia [Ler máis... (En Inglés)]
  • A licenza de software libre da Unión Europea, a EUPL, actualízase cunha nova versión [Ler máis... (En Inglés)]
  • O Banco Europeo de Inversións financia con 25 millóns de euros o desenvolvemento do sistema de xestión de base de datos de software libre MariaDB [Ler máis... (En Inglés)]

Caso de éxito

Ansible como ferramenta para incrementar a eficiencia na NASA

Todas as grandes administracións precisan de ferramentas como Ansible para a xestión dos seus procesos e infraestruturas informáticas. No caso da Axencia Aeroespacial dos EEUU (NASA) confiaron na solución Ansible, e concretamente na solución Ansible Tower para a automatización de varios procesos. Froito desta implantación de Ansible, a NASA puxo sobre a mesa algúns números desta experiencia, entre os que destacan:
  • Actualizar o sitio web nasa.gov pasou de levar 1 hora a estar por debaixo dos 5 minutos
  • Parchear as actualizacións pasou de ser un proceso de varios días a 45 minutos
  • A instalación dunha pila de aplicacións pasou de 1-2 horas a 10 minutos

Proxecto destacado

Ansible: Automatización de procesos de sistemas con software libre

Ansible é unha ferramenta de software libre que permite a automatización e simplificacións das tarefas habituais na xestión de infraestruturas informáticas, redes de ordenadores e servidores. Esta feito na linguaxe de programación Python, está liberado baixo a licencia GPL versión 3 e conta con soporte profesional. Esta ferramenta cae dentro do grupo das chamadas de orquestación xa que ao ser instalado dentro dunha rede de ordenadores permite que algunha das máquinas, definida como a de control controle todas as demais a través do protocolo SSH, permitindo aplicar configuracións a tódalas máquinas ao mesmo tempo, instalar aplicacións, actualizalas ou realizar calquera outra tarefa de mantemento.

Formación e eventos


Segue a...

María Arias de Reyna (@delawen)

Desenvolvedora de GeoNetwork, Geoinquieta e fundadora de Ping a Programadoras.

Pin It on Pinterest

Share This