Mancomún

Número 28 – Novembro 2016

Mércores, 23 Novembro 2016

Novas

Caso de éxito

deic-logo-sort

DeIC, Danish e-Infraestructure Cooperation é unha entidade pertencente ao Ministerio de Educación e Ciencia de Dinamarca, encargada da infraestrutura tecnolóxica que da soporte as entidades participantes na súa rede de investigación.

Esta entidade, que levaba xa varios anos empregando OwnCloud acaba de migrar a NextCloud para facilitar o intercambio de información e a colaboración entre investigadores e estudantes. A seguridade, a escalabilidade e a garantía de soporte foron algunhas das razóns para escoller esta solución.

Proxecto destacado

Logo Nextcloud

NextCloud é unha solución de Software Libre para a xestión de ficheiros na nube, permitindo a súa compartición entre varios usuarios e a xestión dos cambios neles, manténdoos sempre sincronizados. Nexcloud é un recente fork de ownCloud, sobre o que falamos na nova “A nova alternativa a ownCloud para a xestión de ficheiros na nube” A nivel de uso é practicamente igual que Dropbox pero ademais de por ser software libre, diferénciase na posibilidade de facer unha instalación propia e ter un control total sobre onde están aloxados os ficheiros. As novas versións prevén tamén ofrecer videoconferencia e edición de documentos colaborativa.

Ofrece unha interface web dende a que se pode usar e administrar toda a plataforma así como aplicación cliente que está dispoñible para os sistemas operativos habituais, Windows, OS X e GNU/Linux, así como tamén para dispositivos móbiles baixo Android e iOS.

Segue a…

twitter_bird_logo

Frank Karlitschek (@fkarlitschek)
Fundador de Nextcloud e anteriormente tamén de ownCloud. Moi activo no mundo do software libre, como membro do board do proxecto KDE ou como fundador de openDesktop.org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal