Número 21 – Abril 2016

Martes, 5 Abril 2016

Novas

  • O software libre facilita a estandarización de servizos informáticos na Xunta de Galicia [Ler máis… (En Inglés)]
  • Novo artigo tecnolóxico: Sistemas de Información Xeográfica con software libre [Ler máis…]
  • O Concello de Madrid, a través do seu organismo Madrid Salud, participa nunha Mapping Party de OpenStreetMap no barrio de Tetuán [Ler máis… (En Castelán)]
  • Publícase a versión 9.5 do OSGeo Live CD, unha distribución de GNU/Linux pensada para mostrar as solucións libres no ámbito das tecnoloxías de información xeográfica [Ler máis… (En Castelán)]
  • Cambios na Plataforma @firma asociados ao regulamento eIDAS [Ler máis… (En Castelán)]
  • Liberada a versión distribuíble de ARCHIVE, aplicación de xestión de arquivo electrónico, con licencia EUPL [Ler máis… (En Castelán)]
  • Suecia publica o seu listado oficial de estándares, todos abertos [Ler máis… (En Inglés)]
  • Publícase o código fonte do Portal Europeo de Datos Abertos [Ler máis… (En Inglés)]
  • O Portal Europeo de Datos Abertos contén xa máis de 400.000 conxuntos de datos [Ler máis… (En Inglés)]
  • A autoridade de servizos medioambientais de Helsinki migra a software libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • A cidade de Nantes completa a súa migración a LibreOffice [Ler máis… (En Inglés)]
  • A aposta polo software libre do Goberno Vasco é unha das principais causas do crecemento do seu tecido empresarial neste eido [Ler máis… (En Inglés)]
  • O estado de New York incentiva o desenvolvemento de software libre cunha redución de impostos de ata un 20% dos gastos asociados [Ler máis… (En Inglés)]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Caso de uso de Docker na Administración

Docker: Tecnoloxía de contedores de aplicacións de software libre

As vantaxes que Docker pode ofrecer para unha administración pública radican sobre todo na liberdade que ofrece para despregar novas aplicacións, polo que é unha ferramenta moi útil para que as administracións poidan actualizar a arquitectura das súas aplicacións dun xeito eficiente.

A Axencia de Administración Xeral de Servizos de Estados Unidos, GSA nas súas siglas en Inglés, implantou docker, o que lle permitiu optimizar os ciclos de desenvolvemento das súas aplicacións. Na seguinte ligazón pódese ver un vídeo onde se explica como foi esta implantación e as vantaxes que supuxo.

Docker é unha tecnoloxía de software libre, cunha ampla comunidade ao seu redor, que permite crear, executar, probar e implementar aplicacións que se distribúen dentro de contedores de software.

Permite empaquetar unha aplicación dentro dunha unidade que contén todo o necesario: código, ferramentas, bibliotecas do sistemas, etc.., de forma rápida e sinxela para calquera entorno.

Entre os seus casos de uso podemos destacar a integración continua e entrega de aplicacións, a creación de paquete de datos portátiles para o seu procesamento, a creación de contedores de aplicacións para o seu despregue como servizos, manténdoos separados para maior seguridade…

Segue a

Solomon Hykes (@solomonstre)
Creador do proxecto Docker e actualmente membro do Board de dirección do proxecto como responsable de arquitectura.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal