Número 102 – Boletín de Software Libre na Administración – Xaneiro 2023

Mércores, 18 Xaneiro 2023

Novas

  • Estratexia de software libre para Saxonia [Ler máis…]
  • Mancomún Podcast: Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022 [Ler máis…]
  • Aplicacións libres para Android: OsmAnd, mapas e navegación [Ler máis…]
  • Informe dos obradoiros de código aberto sobre informática e sustentabilidade [Ler máis…]
  • Políticas sobre licenzas da axencia Sueca para o Goberno Dixital [Ler máis…]

Caso de éxito

logo inventario

Inventario é unha aplicación web que permite xestionar todo o proceso de publicación dun trámite administrativo no inventario da Universidade de Murcia, que se atope instalado, así como a súa baixa. Proporciona unha interface que permite a consulta a portais e aplicacións externas.

Ademais, esta aplicación permite a publicación automática no “Sistema de Información Administrativo (SIA)” da Administración Xeral do Estado (AGE), que actúa como catálogo de información sobre tramitación administrativa de procedementos e servizos dirixidos ao cidadán.

Proxecto destacado

logo openJDK

OpenJDK é a versión libre da plataforma de desenvolvemento Java baixo concepto de linguaxe orientada a obxectos. Esta implementación atópase catalogada dentro da licenza GPL de GNU. A súa sintaxe deriva en gran medida de C e C++, pero ten menos utilidades de baixo nivel que calquera delas.

As aplicacións de Java son compiladas a bytecode, que pode executarse en calquera máquina virtual Java (JVM) sen importar a arquitectura da computadora subxacente. OpenJDK é a implementación de referencia oficial desde Java SE 7.

Formación e eventos

  • Programación de actividades da aula AMTIC do Concello de Ames [Ler máis…]
  • Novo meetup organizado por WordPress Coruña [Ler máis…]
  • Cursos de LibreOffice Calc na aula CeMIT de Combarro [Ler máis…]
  • PyBirras Coruña [Ler máis…]

logo twitter

Segue a…

Twitter da Oficina de Software Libre UCM (@oteaucm), conta oficial da Oficina de Software Libre y Tecnologías Abiertas de la Universidad Complutense de Madrid.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal