Nesta entrega veremos Proton Calendar, unha aplicación básica para a xestión dos teus calendarios electrónicos, dispoñible para Android e tamén a través de calquera navegador.
Proton Calendar axúdache a manter o teus calendarios en privado. Estarás protexido polo mesmo cifrado de extremo a extremo utilizado en Proton Mail. Proton Calendar ten todas as características que necesitas para xestionar os teus eventos facilmente.
Xestiona a túa axenda en todos os dispositivos e aplicacións. Podes importa facilmente o teu calendario a Proton Calendar e manterte ao tanto da túa axenda de forma segura en todos os teus dispositivos e aplicacións de Proton.
Proton Calendar estará sempre sincronizado en todos os teus dispositivos, tanto en aplicacións para a web como en dispositivos Android (e iOS proximamente), e sen publicidade ou invasión da túa privacidade.
Pílula en vídeo sobre Proton Calendar
Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android.