Shotcut é un proxecto que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grande, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais.

Shotcut

Shotcut é un software de edición de vídeo multiplataforma gratuíto e de código aberto para FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows.

Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a través de FFmpeg. Utiliza unha liña de tempo para a edición de vídeo non lineal de varias pistas que pode estar composta de varios formatos de arquivo.

Características destacadas:
– Posúe aceleración por hardware
– Conta cunha serie grande de filtros de son: Balance, graves e agudos, paso de banda, compresor, delay…

– E tamén cunha serie grande de filtros de vídeo: Canle Alfa, Visualización de Espectro de Son, Visualización de Forma de Onda de Son, Modo de Mestura, Desenfoques…
– Admite formatos de imaxe populares como BMP, GIF, JPEG, PNG, SVG, TGA, TIFF, así como secuencias de imaxes.
– Pode facer capturas de webcam e son
– Soporte para resolucións 4K
– Modos de composición/mestura de pistas: Ningún, Sobre, Engadir, Saturar, Multiplicar, Pantalla, Superpoñer, Escurecer…
– Reprodución de fluxo de rede
– Pode exportar un só cadro como imaxe ou vídeo como secuencia de imaxes

Materiais educativos

Shotcut conta cunha canle oficial de YouTube onde poderás atopar unha gran cantidade de videotitoriais.

Ademais, no apartado de tutoriais da web oficial, existe gran cantidade de recursos para seguir aprendendo. E no foro oficial, poderás atopar solución as dúbidas máis comúns.

En resumo, Shotcut é unha ferramenta flexible que aumentará a nosa creatividade e reducirá o tempo de produción dos nosos proxectos de vídeo, podendo facelo dunha forma cómoda e rápida, e que se adapta perfectamente a fluxos de traballo noveis ou máis avanzados que podemos complementar con outras ferramentas libres para traballo con arquivos multimedia como ffmpeg, HandBrake ou audacity.

Pílula sobre Shotcut

Pin It on Pinterest

Share This