Aplicacións de software libre para usuarios de a pé: Captura de escritorio

Mércores, 15 Decembro 2021
#AplicacionsDeSoftwareLibreParaUsuariosDeAPé #ArtigoTIC

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

No últimos artigos, centrámonos na gravación e edición de son con software libre, nesta cuarta entrega veremos como capturar o noso escritorio con SimpleScreenRecorder.

SimpleScreenRecorder

SimpleScreenRecorder é un programa de captura de escritorio, sinxelo de utilizar pero potente, dispoñible so para distribucións GNU/Linux. Se queremos facer capturas noutros sistemas operativos, recomendamos o uso de OBS Studio, outra ferramenta libre pero máis complicada de utilizar pola multitude de opcións e configuracións coas que conta.

Características principais de SimpleScreenRecorder:
– Interface gráfica baseada en Qt.
– Máis rápido que VLC e ffmpeg/avconv.
– Pódese gravar toda a pantalla ou parte dela, ou gravar directamente as aplicacións OpenGL.
– Sincroniza correctamente o son e o vídeo.
– Reduce a velocidade dos fotogramas de vídeo se o teu computador é demasiado lento.
– Totalmente multifío: os pequenos atrasos en calquera dos compoñentes nunca bloquearán os outros compoñentes, o que dá como resultado un vídeo máis fluído e un mellor rendemento en computadores con múltiples procesadores.
– Pausa e renova a gravación en calquera momento (facendo clic nun botón ou pulsando unha tecla de acceso directo).
– Mostra estatísticas durante a gravación (tamaño do arquivo, taxa de bits, tempo total de gravación, taxa de fotogramas real, …).
– Pode mostrar unha vista previa durante a gravación, para que non perdas tempo gravando algo só para descubrir despois que algún axuste era incorrecto.
– Utiliza as librerías libav/ffmpeg para a codificación, polo que soporta moitos códecs e formatos de arquivo diferentes.
– Información sinxela sobre as ferramentas.

Pílula en vídeo sobre captura de escritorio con SimpleScreenRecorder

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal