Mancomún

  • A Comisión europea auditará Apache HTTP Server e Keepas

    Publicado por Mancomún
    Venres, 29 de Xullo de 2016

    Logotipo da CEA Comisión Europea está preparando unha auditoría de seguridade do código fonte de dúas solucións de software, servidor Apache HTTP e Keepass, un xestor de contrasinais.

    O código fonte será analizado e probado para identificar potenciais problemas de seguridade, os resultados serán compartidos cos desenvolvedores do software. As auditorías comezarán nas vindeiras semanas.

    [Ler máis]
  • Actualización da sede electrónica da UNED á versión 3.0 de ACCEDA

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 28 de Xullo de 2016

    ACCEDA é unha plataforma composta de 3 partes que permite de xeito sinxelo xestionar os contidos dunha sede electrónica (CMS), xestionar o interface coa cidadanía para iniciar e consultar estados de expedientes nos que participe a mesma (Sede) así como un completo backend de tramitación de expedientes electrónicos.

    A UNED fai uso da plataforma ACCEDA como servizo na nube, que implementa a súa sede electrónica (Sede-e), e permítelle dispoñer á súa vez dun completo xestor para a tramitación electrónica dos seus expedientes e a administración dos seus procedementos.

    [Ler máis]
  • Nova versión do catálogo de metadatos da Infraestrutura de Datos Espaciais de España

    Publicado por Mancomún
    Venres, 22 de Xullo de 2016

    Catálogo metadatos IDEEA Infraestrutura de Datos Espaciais de España (IDEE) acaba de presentar unha nova versión do seu catálogo de metadatos, que inclúe melloras no servizo e  na parte de cliente cunha interface máis amena e melloras no apartado de buscas.

    Os catálogos de metadatos permiten facer buscas para atopar toda a información xeográfica que está dispoñible por parte dunha administración pública. Son un requisito fundamental imposto pola Directiva Europea INSPIRE que establece a obriga de publicar en aberto a información xeográfica elaborada polas administracións dos estados membros.

    A solución elixida para a creación do catálogo de metadatos da IDEE é Geonetwork, unha solución de software libre, amplamente empregada para este tipo de catálogos por moitas administracións públicas e entidades en todo o mundo.

    [Ler máis]
  • A policía lituana aposta por LibreOffice e Ubuntu

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 20 de Xullo de 2016

    Logo Policía LituanaDende o 1 de Xullo a policía lituana deixou de empregar software privativo, migrando 8.000 estacións de traballo á suite ofimática de software libre LibreOffice, o que suporá, segundo os seus cálculos un aforro de máis dun millón de euros.

    O proceso de migración, segundo indican, tivo unha duración de 6 meses moi intensos de traballo para superar todas as dificultades, xa que a adaptación ao novo entorno foi complicada, máis agora é todo un éxito.

    [Ler máis]
  • Bulgaria aproba unha lei para que todos os desenvolvementos de software públicos sexan Open Source

    Publicado por Mancomún
    Venres, 15 de Xullo de 2016

    O parlamento de Bulgaria acaba de aprobar unha modificación da súa Lei de Gobernanza Dixital que fará que todo desenvolvemento de software que sexa creado pola administración teña que ser Open Source e ademais o proceso de desenvolvemento terá que ter lugar nun repositorio de software público.

    Parlamento de Bulgaria

    Fotografía: Wisi Greter; Licenza: CC-BY-NC

    [Ler máis]
  • A cidade francesa de Grenoble segue co seu proxecto de migración a software libre das escolas

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 14 de Xullo de 2016

    Logo cidade de GrenobleEste ano serán outras 8 escolas da cidade de Grenoble as que serán migradas completamente a software libre, incluíndo servidores, equipos de sobremesa e portátiles.

    Este ambicioso proxecto pretende que no ano 2018 o total de escolas da cidade estean migradas completamente a software libre, o que entre outras cousas lles permite un mellor aproveitamento do equipamento hardware do que dispoñen.

    [Ler máis]
  • Concurso europeo para promover a reutilización de software nas administracións públicas

    Publicado por Mancomún
    Martes, 12 de Xullo de 2016

    Logotipo da Comisión EuropeaA Comisión Europea premiará a produtos software e servizos que teñan un probado éxito de compartición no sector público e que teñan un potencial de reutilización amplo en Europa.

    En palabras de Margarida Abecasis encargada do programa ISA e da organización do premio "quérese premiar ás solucións de TI que foron desenvolvidas e compartidas polas administracións públicas existentes, para que poidan ser aínda máis reutilizadas en toda Europa".

    [Ler máis]
  • Publicado o contorno de escritorio KDE 5.7 dispoñible en galego

    Publicado por Mancomún
    Venres, 8 de Xullo de 2016

    Logotipo de KDE A Comunidade de KDE vén de anunciar o seu lanzamento do Espazo de traballo Plasma, de aplicativos e da Plataforma de desenvolvemento de KDE 5.7. Este novo lanzamento ten un relevante paquete de melloras e cambios con respecto a versións anteriores que, dun xeito particular, buscan a adaptación ao novo xestor gráfico Wayland:

    • A caixa de entrada foi totalmente redeseñada buscando un enfoque máis sinxelo.

    • Volve a visión de axenda no calendario que nos amosa ao instante todas as cifras e días festivos.

    • Dende Krunner agora poderase acceder directamente ás chamadas Jump List Actions que nos permiten acceder a tarefas específicas de determinadas aplicacións

    • Cambios no control de volume permiten cambiar o dispositivo de audio dunha aplicación simplemente arrastrando a aplicación a outro dispositivo

    • Melloras na visibilidade de todo o sistema con cambios no esquema de cores usado no artwork do proxecto

    • Tamén mellorou o framework Kiosk

    • E o xestor de tarefas foi redeseñado por completo para mellorar a compatibilidade co protocolo de servidor gráfico Wayland.

    Respecto do último punto, o equipo de KDE realizou especialmente multitude de tests que involucran ao compositor de xanelas KWin en relación ao soporte para Wayland, aínda que o servidor clásico X11 seguirá a ser a opción predeterminada polo momento.

    [Ler máis]
  • Novo Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente ao mes de Xullo

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 6 de Xullo de 2016

    Xa está publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Xullo, e que como é habitual vén cargado de interesante novas neste ámbito, así como dun caso de éxito dunha ferramenta de software libre.

    Logo de WordPress

    Este mes o proxecto destacado é WordPress, un xestor de contidos de software libre, moi coñecido e un dos máis empregados. Neste caso destacamos algúns casos de éxito por parte de administracións públicas nos que se pode ver a súa versatilidade, xa que se pode empregar para sitios sinxelos pero tamén para portais máis ambiciosos, dende o punto de vista dos contidos e o deseño.

    [Ler máis]
  • Nova versión do editor de vídeo Pitivi

    Publicado por Mancomún
    Martes, 5 de Xullo de 2016

    Logotipo de PitiviO pasado 30 de xullo anunciouse o lanzamento da nova versión do software de edición de vídeo Pitivi. Trátase da versión 0.96 na que, ademais da habitual limpeza de erros, esta versión incorpora unha característica fundamental que mellora moito a experiencia de edición. Agora pódese editar e renderizar un proxecto de vídeo con calquera formato de ficheiro de vídeo con gran precisión, grazas á funcionalidade de ficheiros proxy.

    En palabras dos propios desenvolvedores de Pitivi, “a dura realidade do mundo da edición de vídeo é que hai só un conxunto limitado de formatos que realmente funcionan ben para propia edición de vídeo”. Sen traballar nestes formatos, a edición podería ser imprecisa ás veces, é por iso que “a experiencia do usuario degrádase cando se usan formatos de contedores non concibidos para a busca rápida e precisa”. Por exemplo, a busca nun formato de vídeo onde os keyframes son intercalados entre frames intermedios como no caso de VP8 ou H.264 é usualmente lenta.

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia