
Noticias destacadas

Resumo das novas que nos chamaron a atención esta semana no Portal de Mancomún. Resumo en vídeo...

Segunda sesión do Obradoiro sobre Blender, na Industriosa
O mércores 18 de maio, en horario de 19.00 a 20.30, terá lugar a segunda sesión do “Obradoiro de...

47 – Resumo semanal
Resumo das novas que nos chamaron a atención esta semana no Portal de Mancomún. Resumo en vídeo...

Obradoiro de iniciación ao modelado 3D con Blender, na Industriosa
O venres 11 de maio, en horario de 19.00 a 20.30, terá lugar a primeira sesión do “Obradoiro de...
Actualidade
Tails 5.0 pásase a Debian 11
Tails 5.0, nova versión da distribución GNU/Linux enfocada á protección da privacidade na internet. Tails 5 múdase a Debian 11, e actualízase coa contorna de escritorio a GNOME 3.38. Outras novidades: Tor 11.0.11, LibreOffice 7.0, MAT 0.12, Audacity 2.4.2, GIMP 2.10.22, Inkscape 1.0. Substitúe a miniaplicación de OpenPGP e Seahorse por Kleopatra, e conta con almacenamento persistente habilitada por defecto para axilizar a instalación e configuración de paquetes con maior seguridade. Máis...
A UE lanza dúas plataformas de medios sociais para os seus organismos e institucións
O Supervisor Europeo de Protección de Datos (SEPD) anunciou onte o lanzamento —en fase piloto- de dúas plataformas públicas de redes sociais, que permitirán aos organismos e institucións da Unión Europea difundir os seus contidos sen depender de grandes provedores privados como Twitter ou Youtube. Ningunha das plataformas están pensadas para admitir o rexistro de usuarios particulares. As dúas plataformas forman parte de redes sociais descentralizadas, gratuítas e de software libre que conectan aos usuarios nunha contorna orientada á privacidade. Co lanzamento da fase piloto de EU Voice e EU...
Publicación sobre o código aberto e a administración pública
Que sucedeu na esfera pública no tocante ao código aberto?, aproveitan as administracións públicas as vantaxes que achega este modelo de desenvolvemento tecnolóxico? Son numerosos os exemplos de implantación do código aberto nas administracións públicas tanto no ámbito internacional, como europeo e mesmo nacional. “O código aberto como motor de transformación dixital na Administración Pública” é un ebook realizado por MCPRO co apoio de Red Hat no que se aborda o asunto en profundidade e que se pode descargar gratuitamente a través desta ligazón. “O código aberto como motor de transformación...
EU Ecodesign: dereito de acceso e reutilización dos equipos
A FSFE publica unha carta aberta, cofirmada por 38 organizacións e empresas, para pedir aos lexisladores da UE o dereito para instalar calquera software en calquera dispositivo, incluíndo o acceso total ao hardware. Estes dereitos favorecen a reutilización e a lonxevidade dos nosos dispositivos. A alianza está composta por entidades dos sectores ambiental, económico e tecnolóxico. A Unión Europea está a piques de redefinir os criterios de ecodiseño dos produtos en varias propostas lexislativas, como a Iniciativa de Produtos Sostibles, a Iniciativa de Electrónica Circular e o Dereito de...
Casos de éxito
Aplicacións de software libre para usuarios de a pé: edición de vídeo con Shotcut
Shotcut é un proxecto que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grande, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais. Shotcut Shotcut é un software de edición de vídeo multiplataforma gratuíto e de código aberto para FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows. Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a través de FFmpeg. Utiliza unha liña de tempo para a edición de vídeo non lineal de varias pistas que pode estar composta de varios formatos de arquivo. Características destacadas: – Posúe aceleración por...
Aplicacións de software libre para usuarios de a pé: revelado de imaxes RAW con Darktable
Revelado dixital Á hora de operar con cámaras fotográficas, existen dous xeitos de traballar, pódese usar o formato en cru (coñecido como RAW) da propia cámara ou pódese traballar cun formato xa procesado (jpg ou png). Traballar directamente co formato jpg é máis rápido e sinxelo, pero estase a perder información de cada toma fotográfica. Á hora de manipular ou mesmo visualizar as fotografías en formato cru, necesítase un software especial para realizar o revelado dixital que sexa capaz de interpretar o formato RAW e exportalo ao formato de imaxe desexado. A única pega é que neste formato...
Aplicacións de software libre para usuarios de a pé: edición de fotografías con GIMP
Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé. Nesta entrega veremos como editar fotografías con GIMP. GIMP GIMP é unha moi boa solución libre para facer retoques básicos e avanzados ás nosas fotografías e tamén conta coa capacidade de crear deseños partindo de cero. Adáptase ben tanto para usos profesionais e empresariais como para usos menos esixentes por parte de usuarios máis básicos. As imaxes son un recurso utilizado en moitos medios, tanto impresos como dixitais e unha forma de gardar os nosos recordos para que...
Videos
Pílula sobre uso de máquinas virtuais para sinatura dixital
Pílula sobre o uso das máquinas virtuais para sinatura dixital empregando software libre
Ferramentas Empresariais: Pílula sobre CiviCRM, xestor de relacións entre contactos do Terceiro Sector
Pílula sobre o xestor de relacións entre contactos do Terceiro Sector CiviCRM que conta o que é e como funcionar con el
Pílula para o teletraballo: conferencias online con BigBlueButton
Vídeo explicativo sobre como funcionar con BigBlueButton, o sistema de conferencias web deseñado como unha solución de aprendizaxe en liña
Séguenos en...