Noticias destacadas

Actualidade

Novo artigo tecnolóxico dedicado á o uso de OpenSCAP

A nova publicación que facemos hoxe dende Mancomún sobre SCAP é a terceira da serie e enfocase desta vez na implementación libre de SCAP có nome de OpenSCAP. https://www.mancomun.gal/artigo-tic/scap-35-usando-openscap/ O proxecto OpenSCAP é unha colección de ferramentas de código aberto para implementar e cumprir este estándar, e recibiu a certificación SCAP 1.2 por NIST en 2014. A SCAP Security Guide, xunto coas ferramentas OpenSCAP, pódese utilizar para a implantación da xestión continua da seguridade de forma automatizada na túa organización. Dentro de OpenSCAP atopamos: SCAP Workbench...

Publicado o sexto número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Xa está publicado o sexto número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Novembro. O proxecto destacado deste mes é Prestashop, un sistema de xestión de contidos ou CMS, como son comunmente coñecidos polas súas siglas en Inglés, con licenza libre, especialmente adicado á creación de tendas de comercio electrónico. No apartado de novas destacamos varios artigos que están sendo publicados durante estas últimas semanas adicados á ciberseguridade. Son varias series de artigos que teñen como obxectivo principal mostrar as diferentes alternativas en...

Nova publicación sobre Zabbix e o perfeccionamento do seu despregue

Unha semana máis continuamos cos artigos tecnolóxicos enfocados á solución Zabbix. Lembremos que se trata dunha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL. Entre as súas características destacan: Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo. Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…...

Curso práctico de Arduino no CNTG

O CNTG, Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, acollerá un curso práctico sobre Arduino. Dende o 15 do presente mes ata o día 4 de decembro impartirase o curso que versará sobre a plataforma Arduino, referente a día de hoxe no eido do hardware libre e con cada día máis presenza na docencia, Investigación e desenvolvemento e na Industria 4.0. A plataforma Arduino está formada tanto polos elementos hardware como así tamén a contorna de desenvolvemento e librarías software. Para traballar sobre Arduino é moi recomendable ter coñecementos previos sobre as devanditas pezas e tamén sobre...

Breves

  • Publicada Fedora 27

    O día de onte recibiamos a boa nova da publicación dunha nova versión da popular distribución Fedora.

    Nada como tal en 2003, logo de que o soporte para Red Hat Linux terminase, evolucionando dende un proxecto comunitario que poñía a disposición software adicional para Red Hat Linux, a versión 27 chega para que poidamos desfrutar de GNOME 3.26, LibreOffice 5.4, co cal poderemos firmar documentos empregando OpenGPG, Firefox 57 e Kernel Linux 4.13.9.

  • Mozilla lanza Firefox 57 Quantum

    O día de onte Mozilla anunciou a publicación dunha nova release do popular navegador Firefox.

    Existe moita expectación e emoción entre a comunidade con esta nova release, Mozilla reivindica ser dúas veces máis rápido do que antes, elevando a un novo status a experiencia de usuario.

    Entre as novidades compre destacar a presenza dn novo motor de busca e navegación e unha interfaz completamente redeseñada e adaptada aos novos tempos.

  • Nova versión de MuseScore

    MuseScore ven de liberar unha nova versión, a 2.1. Trátase dun sofware libre e multiplataforma que permite a creación de partituras musicais para infinidade de instrumentos, tales como piano, guitarra, orquestras, jazz, coros, bandas e moito máis.

    Dispoñible baixo licencia GPLv2, pódese obter o código fonte do repositorio de GitHub ou, si se prefire xa empaquetado, acceder ao portal de descarga.

  • Publicado Audacity 2.2.0

    O coñecido software de edición, proceso e grabado de audio, Audacity, publicou recentemente unha nova versión, a 2.2.0. Entre as novidades destacan o redeseño das interfaces, máis sinxelas e mellor organizadas, a capacidade para reproducir arquivos MIDI e novos temas visuais.

    Para que a reprodución de MIDI funcione en Linux, é preciso software adicional como TiMidity++, freepats ou pmidi.

    Audacity é software libre e multiplataforma, estando disponible para Linux, MacOS y Windows ao abeiro da licenza GPLv2

  • Publícase a versión 0.9.3 do popular SuperTuxKart

    O popular xogo de carreiras SuperTuxKart vén de publicar unha nova versión, a 0.9.3.

    A devandita inclúe artefactos baseados na temática que arrodea ao Halloween, melloras en xeral no aspecto gráfico, na manexabilidade e na xestión de recursos. Tamén poderemos desfrutar dun grabador propio, de xeito que poderemos inmortalizar os momentos de asueto que pasemos desfrutando desde excepcional xogo de carreiras, que leva con nos dende principios do 2009.

    Blog de SuperTuxKart.

  • Nova versión da contorna de virtualización Proxmox

    Publicada a versión 5.1 do popular da contorna de virtualización Proxmox. Esta versión do sistema está baseada na última versión estable de Debian e da man desta nova versión pon ao noso alcance o kernel de 4.13 de Linux, luminous, a última versión do xestor de almacenamento CEPH, zfs 0.7.2 e cantidade de melloras no aspecto visual do panel de control.

    Proxmox VE 5.1, licenzado baixo a GNU Affero GPL, v3, pódese descargar aquí.

  • Artful Aardvark xa está aquí!

    A nova versión da popular distribución GNU/Linux Ubuntu, foi publicada hoxe mesmo baixo o codname Artful Assrdvark. Entre as novidades máis salientables atópase a volta a GNOME a GDM como contornas de escritorio e xestor de display respectivamente. Ademáis, wayland confirmase como servidor de display de referencia.

    Despois de actualizarnos poderemos tamén desfrutar do kernel 4.13, melloras no soporte de altofalantes bluetooth e, en xeral, actualizacións en tódolos aplicativos.

  • Publicado Mesa 17.2.2

    Onte Lignux facía eco da nova da liberación da versión 17.2.2 [ENG] de Mesa.

    Mesa é unha implementación en código aberto da especificación OpenGL. Con esta nova versión, engádese unha peza máis na construcción do que levará a cumplir por enteiro a espeficicación de OpenGL 4.6, publicada durante a conferencia SIGGRAPH [EN], en Los Angeles, este mismo verán.

Séguenos en...

Casos de éxito

SCAP (3/5): Usando OpenSCAP

SCAP (3/5): Usando OpenSCAP

O proxecto OpenSCAP é unha colección de ferramentas de código aberto para implementar e cumprir este estándar, e recibiu a certificación SCAP 1.2 por NIST en 2014. A SCAP Security Guide, xunto coas ferramentas OpenSCAP, pódese utilizar para a implantación da xestión continua da seguridade de forma automatizada na túa organización. Dentro de OpenSCAP atopamos: SCAP Workbench (vexa o uso de SCAP benchmark): A utilidade gráfica scap-workbench deseñada para realizar escaneos de configuración e vulnerabilidades nun único sistema local ou remoto. Tamén pode ser usado para xerar informes de...
Zabbix (3/4) : Perfeccionamento do despregue Zabbix

Zabbix (3/4) : Perfeccionamento do despregue Zabbix

Zabbix en alta dispoñibilidade O uso dos proxy Zabbix consegue minimizar a carga de traballo do servidor Zabbix, permitindo simplificar as esixencias de recursos físicos do servidor. Isto mesmo permite tamén ver como solución elegante e factible a aplicación dun sistema de alta dispoñibilidade (HA nas súas siglas en inglés) Activo-Pasivo no servidor central da arquitectura. O que se plantexa é que estaremos nun sistema onde o servidor Zabbix é un binomio de dous servidores no que o segundo actúa de respaldo ante caídas ou fallos do primeiro.   Na parte servidor de Zabbix pódense identificar...
OSSEC: Pasos de instalación

OSSEC: Pasos de instalación

OSSEC pode traballar en variedade de sistemas operativos. En particular, o lado servidor adoita ser instalalo, en prol dun mellor soporte, nun servidor tipo GNU Linux, normalmente un servidor que tanto pode ser das variantes Debian/Ubuntu ou ben Red Hat/CEntOS/Fedora. As instrucións de instalación que detallaremos no artigo están enfocadas a un servidor Debian 9 pero en calquera caso son extensibles ás demais distribucións GNU Linux polo que poden servir de guía para aqueles que se queiran animar á instalación noutro sabor de Linux. Os pasos detallan as accións necesarias para ter instalado...

Videos

Pin It on Pinterest