Noticias destacadas

Actualidade

Open Networking Summit, evento para profesionais do sector

Do 23 ao 25 de setembro de 2019, terá lugar o Open Networking Summit no Centro de reunións e convencións de Flandes (Bélxica), evento organizado por “The Linux Foundation”. Open Networking Summit é un dos evento máis importantes de networking aberto da industria, que reúne a desenvolvedores e empresas (provedores de servizos e provedores de cloud computing). Neste encontro que xira arredor do Open source Networking, analízanse diversos temas como son: SDN, NFV, VNF, CNF/Cloud Native Networking, Orquestración, Automatización da nube, Core Network, Edge, Servizos de acceso e IOT. No encontro...

#15-Mancomún Podcast: Coñecendo a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ONG que migrou a software libre

Hoxe, en Mancomún Podcast, vamos analizar un caso real de migración a software libre dunha ONG galega, como é Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, (ou ESF de forma abreviada). Coñecendo a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ONG que migrou a software libre Falamos con Sergio Fernández e Miguel R. Segade, para coñecer mellor a esta organización e entender como foi o proceso de migración que fixeron xa fai uns anos. E tamén para escoitar as súas impresións e consellos que nos podan dar á hora de meternos neste tipo de cambios nunha organización. 00:16 – Presentación 00:46 – Coñecendo aos...

A Fundación Eclipse libera Jakarta EE 8

A Fundación Eclipse ven de liberar a especificación Jakarta EE 8. Trátase da definición libre de Java enfocada ao ámbito empresarial, o nome de Jakarta ven dado porque Oracle ten os dereitos sobre a marca Java pese a que a especificación a doase á Fundación Eclipse. Esta especificación é unha definición completa que abarca a plataforma EE mediante a cal se detalla a plataforma estándar para aloxar aplicacións Jakarta, o perfil web, os kits de compatibilidade tecnolóxica etc. A especificación completa pode verse na páxina web do proxecto. Jakarta EE trátase da alternativa completamente libre...

Próximos eventos relacionados con OSM, “State of the map” e “HOT summit”

Baixo o lema de “Tendendo pontes ao mapa”, State of the Map 2019 terá lugar do 21 ao 23 de setembro de 2019, en Heidelberg, Alemaña. Estado do Mapa “State of the Map” é o evento anual para todos os cartógrafos e usuarios de OpenStreetMap. Autoría da imaxe: De Ken Vermette – https://wiki.openstreetmap.org/wiki/File:Public-images-osm_logo.svg, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=4075670 Durante tres días, no centro de Europa, poderase asistir a charlas, debates, talleres, sprints de código e documentación, relacionados con OpenStreetMap (mapa libre e aberto, que...

Breves

  • Richard Stallman deixa a presidencia da FSF

    O pai do movemento do software libre e fundador da FSF (Free Software Foundation) deixa a presidencia e todos os cargos que ostentaba na fundación de forma inmediata segundo o anuncio oficial da mesma no cal tamén comunican estar á procura dunha nova persoa para o cargo presidencial.
    Asi mesmo, Stallman tamén ven de anunciar a súa renuncia no Laboratorio de Intelixencia Artificial e Ciencias da Computación do MIT debido a unha serie de malentendidos sobre algunhas declaracións de Richard Stallman.

  • PineTime, proxecto de smartwatch con GNU/Linux de PINE64

    Así presentou PINE64, a través do seu twitter, o PineTime:
    “Este é o # PineTime (foto real) – un compañeiro do teléfono intelixente #Linux e un proxecto secundario noso”.

    Así que PineTime será un reloxo pensado para acompañar ao PinePhone, a un módico prezo.

    Características: dock de carga por indución, correa de 20mm, construído en zinc e plástico, pulsómetro, batería que durará varios días, prezo arredor dos 25$.

    O PineTime será un smartwatch básico, no que poder consultar as notificacións do noso teléfono, ter información sobre a nosa actividade física, no que seguramente poderemos instalar aplicacións desenvolvidas pola comunidade, pero teremos que esperar un tempo para poder desfrutar del.

  • Lanzada a primeira revisión de Debian 10

    O proxecto Debian anunciou a primeira actualización da última estable Debian Buster co número de versión 10.1, esta actualización é unha corrección de fallos e erros.
    Practicamente ao mesmo tempo tamén se liberou outra actualización de seguridade para a vella estable, Debian 9, que aínda terá o soporte habitual ate mediados de 2020 ou o soporte estendido ate mediados de 2022.

  • Huawei empeza a vender ordenadores con GNU/Linux en China

    Huawei empezou a vender computadores con GNU/Linux instalado, pero soamente en China, de momento.

    Os modelos postos á venta, coa distribución deepin instalada (baseada en Debian) son:
    MateBook X Prol, MateBook 13 e MateBook 14 en Vmall.com.

    Os tres modelos están dispoñibles con procesador i5, 8 GB de RAM e 512 GB de almacenamento.

  • GNOME 3.34 chega con mellor rendemento e usabilidade

    GNOME Project lanzou GNOME 3.34. A contorna gráfica (co alcume Thessaloniki) chega con moitas novidades.

    A novidade máis importante ten que ver co rendemento, é moito máis rápido que as versións anteriores.

    Outras novidades destacadas: novas iconas, posibilidade de crear cartafoles no selector de aplicacións, mellorouse o panel de fondos de pantalla, axustes na parte superior, melloras nas apps de GNOME, o terminal soportará idiomas de escritura de dereita a esquerda ou bidireccionais, Nautilus mostrará avisos ao pegar en cartafoles de só lectura, poderanse desactivar as accións das esquinas.

    Máis información:
    vídeo en YouTube coas novidades
    páxina oficial de gnome

  • Liberado LazPaint 7

    Despois de 3 anos dende a anterior versión, os desenvolvedores de LazPaint lanzaron unha nova versión desta aplicación para a edición de imaxes da que falamos xa nun artigo en Mancomún.
    A última versión é a 7.0.6 e comparando coa versión 6.x conta con correccións diversas así como unha ferramenta para converter as formas a curvas. Todas as novidades poden verse no seu repositorio en GitHub.

  • LibreOffice 6.3.1, corrixe fallos e chega con nova protección

    The Document Foundation lanzou as novas versións da suite de ofimática libre, LibreOffice 6.3.1 e LibreOffice 6.2.7 (esta última, recomendada para o seu uso en contornas de produción).

    Corrixíronse 82 fallos, introduciuse unha nova capa de protección (para a execución dun script ou dunha macro incrustada nun documento).

    Por outra banda, formouse un equipo dentro da comunidade LibreOffice co fin de mellorar o soporte de formatos PPT/PPTX.

    O equipo de Control de Calidade (Quality Assurance) de LibreOffice está a revisar actualmente as coleccións de temas de PPT e PPTX.

    Os interesados en colaborar, poden enviar un correo electrónico a ilmari.lauhakangas@libreoffice.org. Tamén podes colaborar enviando un arquivo PPT(X) que non se vexa ben en LibreOffice (engadindo un informe de erros para que o equipo de control de calidade poida investigar).

    Máis información

  • Prorrogado o prazo para envío de resumos ás “XV Jornadas Internacionales de gvSIG”

    Prorrogado, ata o 23 de setembro, o prazo para enviar resumos para as “XV Jornadas Internacionales de gvSIG”, que terán lugar do 6 ao 8 de novembro de 2019 na Universitat Politècnica de València.

    gvSIG é un proxecto de desenvolvemento de software para Sistemas de Información Xeográfica baseado en software libre que foi inicialmente impulsado polo goberno rexional da Comunidade Valenciana.

    Estas xornadas, son un dos encontros importantes que se celebran en España sobre o tema da información xeográfica, no que haberán comunicacións, talleres e oportunidade de intercambiar experiencias e previsións de futuro do mundo SIX.

    Máis información

Séguenos en...

Casos de éxito

Darktable, revelado dixital de imaxes

Darktable, revelado dixital de imaxes

Continuando coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes”, toca falar de Darktable, solución libre de código aberto para revelado dixital de imaxes en formato RAW ou tamén chamado formato cru. Se buscas espremer ao máximo a potencia dunha cámara fotográfica e tes a opción nela de gardar as imaxes no formato RAW, non dubides en utilizala. Conseguirás resultados máis profesionais na edición posterior das imaxes porque dispoñemos de toda a información da toma (con moitos máis datos nas zonas de luces altas e sombras, entre outras). A única pega é que neste...
Equipos con GNU/Linux preinstalado

Equipos con GNU/Linux preinstalado

Comprar ordenadores de escritorio ou portátiles (novos ou de segunda man) cunha distribución GNU/Linux instalada é posible a día de hoxe, inda que non dispoñamos de tantas alternativas como nos gustaría ter. Vantaxes de comprar un ordenador con GNU/Linux instalado Aforro en licenzas innecesarias. Non é necesario pagar unha licenza dun sistema privativo como Windows, se non o imos utilizar no noso ordenador. Non perdes a garantía por ter que borrar a partición de Windows ou a partición de recuperación (que soe vir instalada de fábrica). Compatibilidade asegurada dos compoñentes do equipo...

Inkscape, deseños vectoriais

Continuamos coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes”, falamos agora de Inkscape, editor de gráficos vectoriais libre. Autoría imaxe: About 0.92 1 por artelnjeru01 CC-BY-SA Con Inkscape poderás crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas. Características e usos da aplicación Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por...

Videos

Pin It on Pinterest