Noticias destacadas

Actualidade

GnuPG 2.2.17, solución aos problemas de OpenPGP

GnuPG 2.2.17, solución aos problemas de OpenPGP

GNU Privacy Guard (GnuPG ou GPG) é unha completa e libre integración do estándar OpenPGP (tamén coñecido como PGP) que proporciona utilidades para o cifrado de datos, firmas electrónicas, xestión de claves e acceso a almacéns de claves públicas. Nas últimas semanas detectáranse varios fallos relativos á sincronización e asinado das claves públicas pero a nova versión GnuPG 2.2.17, chega para corrixir estes problemas. A nova versión trae medidas por defecto para contrarrestar os ataques en servidores e evitar problemas cos certificados baseándose en claves públicas verificadas. Estos cambios...

Joinup mellora o asistente de licenzas

Os proxectos de software está suxeitos ás leis de dereito de autor, tamén coñecido como copyright. Toda persoa ou entidade con dereito de autoría sobre un software pode licenciar o uso do mesmo baixo unhas condicións, isto é o que se coñece como licenza de software.   As licenzas de software pode ser sinxelas, pero tamén poden ser complexas e se falamos sobre a toma de decisión de que licenza aplicar a un software, sexa este libre ou non, pode chegar a ser complicado, pois hoxe en día calquera software frecuenta estar baseado ou usar compoñentes doutros, polo que é importante ter en conta...
Obradoiro sobre PrestaShop no Punto SmartPeme Cambados

Obradoiro sobre PrestaShop no Punto SmartPeme Cambados

Continúan en xullo as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra. Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”. O 23 de xullo, en horario de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Crea a túa tenda en liña con PrestaShop” no Punto SmartPeme Cambados. Obradoiro dirixido a pemes e autónomos,...

Lanzada Debian Edu/Skolelinux 10

Como anunciamos xa no portal de Mancomún, o proxecto Debian ven de liberar unha nova versión da súa distribución, a Debian 10. Este fito tamén trouxo como consecuencia a publicación dunha nova versión de Debian Edu, tamén coñecido como Skolelinux. Este proxecto trátase dunha distribución baseada en Debian que recompila unha serie de software útil para o entorno educativo con todo o necesario para poder montar laboratorios de informática en centros escolares. Na nova versión introdúcense certas características e novidades como a mellora na configuración do soporte de múltiplas linguas e...

Breves

  • KDE Connect compatible agora con macOS

    KDE Connect, aplicación coa que poder conectar o escritorio KDE Plasma (ou Gnome) con Android, achega a súa funcionalidade a usuarios de macOS.
    De momento soamente permite o uso básico con macOS, como executar comandos desde Mac, revisar a carga da batería do teléfono, compartir arquivos e ligazóns, controlar o volume dos dispositivos ou recibir as notificacións do móbil no escritorio.

    Máis información

  • Akademy 2019, programa das charlas dispoñible

    Xa está dispoñible o programa das charlas que terán lugar na Akademy 2019, esta vez na cidade de Milán.
    A Akademy ofrece a todos os colaboradores de KDE a oportunidade de coñecerse en persoa para fomentar os lazos sociais. Reúne a artistas, deseñadores, desenvolvedores, tradutores, usuarios, escritores, patrocinadores e outros tipos de colaboradores de KDE.
    Unha fin de semana chea de charlas, paneis e keynotes. Ademais, o resto da semana dedicarase ás sesións de BoFs (Birds of a Feather), onde os membros da comunidade con intereses similares reúnense e traballan nos seus proxectos, así como en sesións de codificación, reunións e actividades sociais.

    Máis información

  • Krita 4.2.3

    Krita (software de pintura dixital e ilustración) chega cunha nova función de virar capas cun xesto no panel táctil.

    A versión 4.2.3 corrixe 29 fallos e inclúe estas novidades: botón para recargar scripts de Python, corrixe o copiar/pegar dos frames de animación, corrixe un peche inesperado na vista xeral cando non hai imaxe aberta, pódese arrastrar e soltar ao encher capas entre arquivos abertos, desactivadas as optimizacións AVG para algúns modos de mestura de 32 bits, corrixe erro ao cancelar na creación dunha imaxe RGB de gama lineal de 8 bits.

    Máis información

  • Cloudera pásase ao código aberto

    Cloudera (empresa de nube de datos empresariais que proporciona software baseado en Apache Hadoop, soporte, servizos e formación para grandes clientes) anunciou cambios na súa política de licenzas que farán que todos os seus produtos estean dispoñibles baixo termos de código aberto, adoptando o modelo de negocio de Hortonworks.

    Aínda que Cloudera é un dos principais contribuíntes aos proxectos de código aberto, o seu negocio dunha década de antigüidade sempre foi o da venda de software con licenza.

    Con este cambio buscan transformarse nunha plataforma aberta construída sobre código aberto.

    Máis información

  • Publicado o programa do Congreso FOSS4G 2019

    Dispoñible o programa do Congreso FOSS4G 2019 que se vai a celebrar en Bucarest (Romanía) do 26 ao 30 de agosto. Unha gran oportunidade para facer contactos, coñecer a desenvolvedores e á comunidade do software libre arredor do mundo XIS.

    Un programa moi completo, con presentacións de todo tipo: clientes INSPIRE, Datos Enlazados, Geoserver, MapServer, publicación conforme a INSPIRE desde QGIS, INSPIRE como plataforma aberta, SENTINEL Toolboxes, GeoOrcheStra, GeoNode, Oskari, WFS 3.0, validadores INSPIRE, teselas vectoriais, IDE, metadatos, a evolución dos estándares OGC, 3D na web, Degree, GeoNetwork, PostGiS e BlockChain entre outras.

    Tamén poderedes disfrutar no congreso de 44 obradoiros de 4 horas cada un, 8 conferencias convidadas, laboratorios de hora e media e outros eventos sociais.

    Máis información

  • Epic Games doa 1,2 millóns de dólares á Blender Foundation

    Epic Games anunciou que doou 1,2 millóns de dólares en efectivo para o proxecto Blender. Este premio é parte da Iniciativa Epic MegaGrants, programa creado para axudar a desenvolvedores de videoxogos, estudantes, profesionais e creadores.
    “Grazas á subvención, realizaremos un importante investimento na organización do noso proxecto para mellorar a integración, a coordinación e as mellores prácticas para a calidade do código”, comentou o fundador e presidente da Blender Foundation, Ton Roosendaal.
    Máis información

  • Clonezilla Live 2.6.2, clonación de discos

    Clonezilla Live 2.6.2, distribución de código aberto enfocada á clonación rápida de discos, chega con varios cambios: base de paquetes Debian Sid, kernel Linux 4.19.37, actualización do motor de procura do sistema operativo local en sistemas con UEFI, entradas ordenadas no menú de arranque, agregouse un elemento para aumentar o tamaño de fonte para os monitores HiDPI, seccións adicionais no menú de inicio para UEFI.

    O paquete rdfind agregouse á procura de arquivos duplicados, mecanismo mellorado para actualizar os rexistros de arranque en UEFI nvram, initramfs compatible con distribucións dracut como CentOS.

    Máis información

  • SUSE Expert Days

    Estes días celebráronse os SUSE Expert Days en Madrid, con máis de 300 asistentes.
    Novidades presentadas:
    SUSE Manager 4 e SUSE Manager for Retail 4 (solución de xestión de infraestrutura de código aberto para axudar a equipos de operacións de IT e DevOps).
    SUSE Linux Enterprise 15 SP1 (soporte de hardware mellorado para aumentar a seguridade, maior compatibilidade para sistemas baseados en ARM, redución do tempo de inactividade das actualizacións, instalación simplificada con Modular+).
    Máis información

Séguenos en...

Casos de éxito

Darktable, revelado dixital de imaxes

Darktable, revelado dixital de imaxes

Continuando coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes”, toca falar de Darktable, solución libre de código aberto para revelado dixital de imaxes en formato RAW ou tamén chamado formato cru. Se buscas espremer ao máximo a potencia dunha cámara fotográfica e tes a opción nela de gardar as imaxes no formato RAW, non dubides en utilizala. Conseguirás resultados máis profesionais na edición posterior das imaxes porque dispoñemos de toda a información da toma (con moitos máis datos nas zonas de luces altas e sombras, entre outras). A única pega é que neste...
Equipos con GNU/Linux preinstalado

Equipos con GNU/Linux preinstalado

Comprar ordenadores de escritorio ou portátiles (novos ou de segunda man) cunha distribución GNU/Linux instalada é posible a día de hoxe, inda que non dispoñamos de tantas alternativas como nos gustaría ter. Vantaxes de comprar un ordenador con GNU/Linux instalado Aforro en licenzas innecesarias. Non é necesario pagar unha licenza dun sistema privativo como Windows, se non o imos utilizar no noso ordenador. Non perdes a garantía por ter que borrar a partición de Windows ou a partición de recuperación (que soe vir instalada de fábrica). Compatibilidade asegurada dos compoñentes do equipo...

Inkscape, deseños vectoriais

Continuamos coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes”, falamos agora de Inkscape, editor de gráficos vectoriais libre. Autoría imaxe: About 0.92 1 por artelnjeru01 CC-BY-SA Con Inkscape poderás crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas. Características e usos da aplicación Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por...

Videos

Pin It on Pinterest