Noticias destacadas

Actualidade

Nova versión publicada de INSIDE

Publicase unha nova versión do paquete de aplicacións INSIDE (Infraestructura y Sistemas de Documentación Electrónica). Este novo paquete de distribución inclúe varios novos recursos e correccións. INSIDE é un sistema de xestión de documentos e arquivos electrónicos que atende aos requirimentos para que ambos poidan ser almacenados ou accedidos segundo o esquema ENI. INSIDE establece as regras básicas para o intercambio e almacenamento de documentos e os rexistros electrónicos. Atende a necesidade de xestión integral dos documentos electrónicos como paso previo da presentación final dos...

Introdución á información xeográfica e OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

Como xa adiantaramos neste portal o pasado mes de maio impartíronse dous obradoiros de introdución á información xeográfica e ao proxecto OpenStreetMap en varios centros de ensinanza secundaria de Vigo, organizados pola Asociación GALPon e coa colaboración de Xeinquedos. Os centros participantes foron o IES Alexandre Bóveda, o IES do Castro de Vigo, e o IES A Guía nos que un total de algo máis de 150 rapazas e rapaces puideron coñecer de primeira man as vantaxes do uso da información xeográfica, a importancia de que esta sexa libre, do mesmo xeito que o software, e como creala a través do...

Xa está aquí a esperada versión 3.0 de Calibre, a aplicación para xestionar os libros electrónicos

Calibre é a aplicación de software libre de referencia para xestionar a biblioteca propia de libros electrónicos. Con ela pódese manter ordenada calquera colección de libros electrónicos, cunha interface intuitiva que permite facer buscas entre os libros polo seu xénero, título, autor, etiquetas ou mesmo polas valoracións que se lles vai dando. Ademais diso conta cun conversor entre unha grande cantidade de formatos así como ferramentas para exportar ou importar libros directamente desde os nosos dispositivos de lectura. Todo iso fixo que se convertese nunha aplicación de referencia neste...

Breves

  • I Semana Open Data Lab de Barcelona

    Open Data Lab, de Iniciativa Barcelona Open Data, organiza este verán unha semana formativa en datos abertos, a fin de achegar este tema á cidadanía e empresas. O evento terá lugar o próximo día 11, 12 e 13 de xullo, no Citilab.

    A semana estrease coa xornada “Creando proxectos en base a datos abertos”, que forma parte das actividades gratuítas periodicamente ofrecidos pola Escola Cidadá Open Data Lab de Cornellá. Se te interesa, accede a páxina de inscripcións.

  • Liberada Debian Edu Stretch a distro Linux para a túa escola

    Debian Edu (anteriormente coñecido como SkoleLinux) é unha distribución de Linux baseada en Debian que proporciona un entorno de traballo completo para a rede escolar. Inmediatamente despois da súa instalación, convertese nun servidor escolar que executa todos os servizos necesarios para unha rede escolar configurado, listo e á espera que se engadan os usuarios e máquinas a través de GOsa², unha cómoda interface web.

    A liberación de Debian Edu Stretch coincide coa publicación o sábado anterior de Debian Strech.

  • Liberada Firefox 54.0

    Firefox 54 é a primeira versión que usa procesos do sistema operativo para xerar o contido da páxina web, facendo que Firefox sexa máis rápido e estable que nunca. No Blog de Mozilla podese atopar máis detalles sobre o funcionamento de esta nova arquitectura interna do navegador que alcanza un equilibrio xusto entre o uso de rendemento e memoria.

  • Debian 9 será liberada o vindeiro 17 de xuño

    Debian 9 será liberada o 17 de xuño. Esta nova versión da popular distribución de GNU/Linux contará coa inclusión do kernel Linux 4.9 estable, kernel que achega un gran número de melloras e novidades respecto o soporte do novo hardware, como as tarxetas gráficas, especialmente para las gráficas AMD.

  • WordPress 4.8 en Galego

    O equipo de egalego.com, encargado da localización de WordPress ao galego, anuncia a liberación da tradución en galego para WordPress 4.8.

    A versión 4.8 de WordPress, denominada Evans en honra ao pianista e compositor de jazz William John Bill Evans, xa está dispoñible para descarga ou actualización desde o teu escritorio de WordPress. As novas características da versión 4.8 engaden máis maneiras para que te expreses e representes a túa marca.

    Coma sempre, se queres axudar con traducións da nova versión de WordPress, ou se atopas algún erro, ou pensas que algo non está ben traducido, podes suxerir unha tradución ti mesmo na  plataforma GlotPress é moi fácil.

  • Aberto o prazo para solicitar unha análise HTTPS das web do sector público

    O CCN-CERT, dentro da súa campaña de impulso á implantación de HTTPS nas sedes electrónicas do sector público, abriu o prazo para solicitar unha análise dos dominios, servidores e aplicacións web de todos aquelas organismos e entidades que así o desexen.

    Máis información en no portal do PAE.

  • Dispoñibles os recursos das xornadas de Ansible no CNTG

    O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, impartiu un seminario sobre Ansible de Red Hat o pasado 24 de marzo de 2017.

    O mesmo CNTG vén de publicar na súa web os recursos empregados no mesmo seminario para que estén a dispoñibilidade de todos os interesados.

  • Dispoñibles os recursos das xornadas de clusterización no CNTG

    O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, impartiu un seminario sobre Clusterización o pasado 27 de marzo de 2017. Os recursos deste curso están dispoñibles para os interesados de maneira publica na propia web de CNTG.

  • Publicados os recursos lingüísticos de GNOME 3.24

    Logo da publicación de GNOME 3.24 o Grupo de tradución de GNOME ao Galego tamén anuncia a publicación dos produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.24 de tal forma que todos outros tradutores da comunidade poidan aproveitar o excelente traballo feito por este grupo.

  • Contribúese a localización ao idioma galego en Gogs

    Gogs, o clon libre de Github feito na linguaxe de programación Go, xa dispón de internacionalización a idioma galego. A localización do software foi contribuída por David A. Lareo, activo hacker galego moi ligado á cultura libre e a xestión aberta do coñecemento (EduCaaS, FricolaB), e está incorporada ao proxecto dende o pasado 24 de decembro.

  • Xercode implanta a súa solución libre baseada en KOHA na Universidade de Cádiz

    A biblioteca da Universidade de Cádiz estrea software libre, grazas á socia de Agasol Xercode Servizos Documentáis

    Este mes de novembro activouse na Biblioteca UCA o novo sistema de xestión KOHA, de código fonte aberto con varios cambios visuais e de funcionalidades na páxina web da área de Biblioteca e Arquivo.

  • Nova suite ofimática de código aberto

    OnlyOffice é unha aplicación ofimática para edición de documentos, follas de cálculo e presentacións, tanto para o entorno corroborativo como para o escritorio. Esta suite distribúese dende o o pasado 17 de outubro baixo os termos da licenza AGPLv3.

    Esta suite ofrece soporte para documentos MS Office e todo tipo de formatos OpenDocument. A interface gráfica recibiu boas críticas en termos de usabilidade.

    A ferramenta deuse a coñecer no pasado como unha suite formente enfocada á edición online Para máis información, dende o portal Ubuntizando faise unha análise ao por menor desta ferramenta.

Séguenos en...

Casos de éxito

LibreOffice: Paquete de ofimática de Software Libre

LibreOffice: Paquete de ofimática de Software Libre

Neste artigo presentamos unha solución para ofimática de Software Libre amplamente coñecida: LibreOffice. A ofimática é unha necesidade hoxe en día de calquera empresa, independentemente do seu tamaño e do sector ao que pertencen. A capacidade de xerar documentos de texto, traballar con follas de cálculo, mesmo crear pequenas bases de datos ou gráficos ilustrativos é unha necesidade do máis común. Neste artigo afondaremos un pouco máis no que un paquete de ofimática cubre e presentaremos a solución de software libre máis coñecida neste ámbito como é LibreOffice. Ademais de presentar a...
Chamilo LMS: Plataforma de formación en liña con Software Libre

Chamilo LMS: Plataforma de formación en liña con Software Libre

Neste artigo presentamos unha plataforma tecnolóxica de formación en liña con Software Libre: Chamilo LMS. A formación en liña é cada día máis unha alternativa á formación tradicional, tanto como iniciativa de negocio, como para ofrecer formación dentro dunha empresa. Neste artigo afondaremos un pouco máis nestes temas, presentando unha solución de software libre para a creación de plataformas de teleformación, como é Chamilo LMS. Ademais de presentar a solución como tal, contamos coa colaboración de Contidos Dixitais, unha empresa galega que leva tempo adicada a montar este tipo de...
PrestaShop: Solución para a creación dunha tenda en liña con Software Libre

PrestaShop: Solución para a creación dunha tenda en liña con Software Libre

Neste artigo presentamos unha solución tecnolóxica que permite a creación e a xestión dunha tenda en liña con Software Libre: PrestaShop.
Ademais de presentar a solución como tal, contamos coa colaboración de varias empresas galegas, tanto provedoras da solución como usuarias da mesma, as cales entrevistamos para coñecer de primeira man o estado de madurez da mesma, as súas vantaxes, e a experiencia de uso nun entorno real.

Videos

Pin It on Pinterest