Noticias destacadas

Actualidade

A aposta polos datos abertos dos museos suecos e noruegos

Responsables de diversas áreas dos museos de ambos países escandinavos contan no medio dixital Joinup que empregan software libre de forma interna dende hai tempo. Así mesmo, tamén confirman que poñen a disposición do público xeral diversos recursos seguindo a filosofía dos datos abertos. Un claro exemplo do compromiso cos datos abertos é o do Museo Nacional de Suecia. Esta entidade forma parte da iniciativa OpenGLAM da Open Knowledge Foundation mediante a que se pretende fomentar o desenvolvemento de políticas e prácticas éticas no referente ao aceso ao patrimonio cultural. Neste museo,...

CATAFÍS, Sistema de Información Xeográfica do Concello de Pontevedra

Xa se pode consultar de forma aberta o sistema de información xeográfica do Concello de Pontevedra, Catafís. Catafís é unha plataforma que pretende ofrecer unha visión en perspectiva de toda a información municipal de Pontevedra. CATAFÍS A idea é publicar e distribuír toda aquela información de índole pública que posúe o Concello de Pontevedra que sirva de ferramenta esencial para os técnicos municipais. A esta información engádese a proporcionada por terceiras entidades como a Dirección Xeral do Catastro, o Instituto Xeográfico Nacional, Xunta de Galicia, así como outras entidades coma Open...

Publicado o cuadraxésimo noveno número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Xa está publicado o cuadraxésimo noveno número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Xuño. O proxecto destacado deste mes é Proxmox, unha solución de contorna de virtualización enfocada na xestión de centros de datos. No apartado de novas destacamos a publicación de dúas entrega de Mancomún Podcast, catro novos vídeo resumos das novas, a apertura do curso do CODIX, a conferencia arredor de openSUSE ou a rede para IoT despregada nas Pontes. Boletín Software Libre na Empresa Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín...

openSUSE Virtual Conference 2021

A conferencia de openSUSE será en formato virtual e celebrarase do 18 ao 19 de xuño. openSUSE Virtual Conference 2021 A conferencia de openSUSE é o evento anual da comunidade de openSUSE que reúne a persoas de todo o mundo para coñecerse e colaborar. As charlas, os talleres e as sesións proporcionan un marco ao redor de encontros máis informais e sesións de hacking. Se por casualidade borraches o teu correo electrónico de invitación e necesitas outro token, visita o chat de Discord o día do evento e comunícao ao grupo. Programa Podedes ver o programa completa nesta ligazón. Máis...

Breves

  • Portátil ThinkPad X1, con Fedora Linux ou Ubuntu instalado

    O portátil ThinkPad X1 Carbon Gen 9 de Lenovo, agora pódese mercar con Fedora Linux 33 Workstation ou Ubuntu 20.04 LTS preinstalado. Lenovo está a cumprir a súa promesa de ofrecer cada vez máis portátiles con GNU/Linux.

    O novo modelo Gen 9 conta con chasis ultrafino e ultralixeiro, pantalla 16:10, touchpad máis amplo e unha batería máis grande. Procesadores Intel Core i5 ou i7 de 11ª xeración con gráficos Intel Iris Xe integrados, ata 32 GB de RAM, ata 1 TB de almacenamento SSD PCIe, Intel Wi-fi 6 AX201 802.11 ax e Bluetooth 5.2.

    Pantalla de 14 polgadas con resolución de ata 4 K con soporte HDR, lector de impresións dixitais, teclado retroiluminado e webcam HD de 720 p. O prezo base empeza en 1.392 dólares. Coa pantalla 4K, unha CPU i7, 32 GB de RAM e 1 TB de almacenamento, o prezo é de 2.286 dólares.

    Máis información

  • Nova versión de GRUB

    Logo de case 2 anos dende a anterior versión, o cargador do arranque libre máis empregado polas distribucións de GNU/Linux, GNU GRUB, ven de liberar a súa versión número 2.06.

    Con esta versión o cargador ademais de corrixir problemas e erros como o problema BootHole e BootHole2, tamén  agregar novas funcionalidades como o soporte para os volumes cifrados con LUKS2, SBAT (Secure Boot Advanced Targeting) ou o dos módulos de seguridade de Xen (XSM/FLASK).

    Esta nova versión irá sendo adoptada polas distintas distribucións de GNU/Linux, polo que para contar con el só será necesario estar ao día coas actualizacións das mesmas.

    Máis información sobre a nova versión nas notas do lanzamento.

  • PINE64, novo patrocinador de KDE

    A empresa PINE64 convértese en patrocinador da comunidade de software libre KDE.
    PINE64 é unha empresa que fabrica aparellos electrónicos para os entusiastas do software libre. Algún dos seu produtos, como o PinePhone, son coñecidos por achegar os sistemas operativos libres e incluso KDE Plasma ao mundo dos teléfonos intelixentes.
    Xúntase así a outros patrocinadores como QT Company, SUSE, Google, Blue Systems, Canonical…

    Máis información no anuncio oficial.

  • openSUSE Leap 15.3

    Publicada openSUSE 15.3, última versión da distribución de software libre baseada en SUSE Linux Enterprise.

    openSUSE Leap 15.3 pode ser usado como contorna de probas para executar cargas de traballo que logo poden trasladarse a SUSE Linux Enterprise Linux 15 SP3. Conta con soporte oficial para as arquitecturas AMD64 (x86_64), aarch64 (ARM de 64-bit) e PowerPC de 64-bit e compatibilidade cos sistemas IBM Z e LinuxONE (s390x).

    Novidades: Xfce 4.16 que chega con cambios estéticos, presenza de GNU Health 3.8 para os sistemas de información e xestión sanitaria e hospitalaria, soporte para PinePhone,

    openSUSE Leap 15.3 terá soporte durante 18 meses e os responsables da distribución só recomendan a actualización partindo da versión 15.2.

    Máis información

  • OBS Studio 27, mellor soporte para Wayland

    OBS Studio publicou a súa versión 27. OBS é un dos proxectos máis coñecidos de software libre e que conta agora con soporte para gravar desde unha sesión de Wayland mediante PipeWire en sistemas GNU/Linux.

    É necesario usar DMA-BUF para sacar todo o seu potencial, pero a día de hoxe en GNOME soamente Intel conta con drivers que funcionen correctamente.

    Outras novidades: opcións de desfacer e refacer en GNU/Linux, soporte de paneis personalizados de navegación web, transicións de visibilidade que permiten mostrar ou ocultar unha fonte e soporte de formatos de textura sRGB para aplicar operacións de cor no espazo lineal.

    Máis información

  • Blender 2.93, nova versión LTS

    Lanzado Blender 2.93, versión LTS deste coñecido programa de software libre para a creación 3D, animación, modelado e moito máis. A versión LTS será soportada durante dous anos.

    Novidades destacadas: novo editor de spreedshet que axudará a inspeccionar as mallas, instancias e nubes de puntos. Nova ferramenta de recheo, nova profundidade de campo, melloras en Eevee facéndoo máis rápido, soporte para luces de área e sombras suaves, melloras de rendemento.

    Posibilidade de importar arquivos SVG como obxectos de pinceis e soporte para animacións durante a exportación a PDF, entre outras.

    Vídeo onde repasan todas as novidades:
    https://www.youtube.com/watch?v=fxNlpQYRz7s&t=66s

    Máis información

  • Conversa sobre privacidade e soberanía tecnolóxica organizada por Trackula e o Colectivo das Pedras Galladas

    “Estamos na horta e non vemos as verzas”, unha conversa sobre privacidade, capitalismo de datos e soberanía tecnolóxica organizada por Trackula e o Colectivo das Pedras Galladas, que terá lugar o día 10 de xuño ás 19:00 de xeito online.

    “Vivimos nunha sociedade na que os oligopolios tecnolóxicos nos vixían constantemente, e explotan os nosos datos para o seu beneficio.”

    Dende Trackula e o Colectivo das Pedras Galladas decidiron xuntarse para falar sobre privacidade, capitalismo de datos e soberanía tecnolóxica. Un espazo aberto no que calquera poderá intervir e no que xuntos intentaremos entender a importancia da privacidade e as consecuencias que pode ter perdela.

    Máis información

  • Novo Libreboot, admite máis placas base antigas

    Nova versión de Libreboot, firmware de arranque que respecta a liberdade, de software libre e que substitúe ao firmware propietario BIOS/UEFI. É compatible coa arquitectura Intel/AMD x86. Libreboot funciona ben cos sistemas operativos GNU/Linux e BSD e utiliza coreboot para a inicialización do hardware.

    Novidades: Libreboot 20210522 permite que máis hardware da era Intel GM45/X3X funcione.

    Novas placas soportadas: Acer G43 T-AM3, Lenovo ThinkPad R500, Lenovo ThinkPad X301 e Intel G43 T-AM3. Libreboot agora soporta ao redor dunha ducia de placas entre moitos vellos portátiles Lenovo ThinkPad, algúns vellos Macs de Apple, e algunhas vellas placas base de servidores AMD Opteron.

    Máis información

Séguenos en...

Casos de éxito

Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, lanzaron no ano 2020 a terceira edición do programa ‘GIRL STEM: derrubando estereotipos’, que busca reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de persoas matriculadas. O programa achegou seis conversas gravadas con mulleres referentes, que achegaron a súa experiencia ás rapazas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos....
Ferramentas para o teletraballo

Ferramentas para o teletraballo

Estes últimos meses, estivemos publicando en Mancomún varias pílulas (pequenos videotitoriais de 2 minutos de duración), para amosar ferramentas libres de software libre ou código aberto que podemos usar para mellorar o noso teletraballo. Neste artigo TIC reunimos por temáticas todas as pílulas publicadas sobre teletraballo para que poidades acceder a elas dunha maneira fácil. Ferramentas para comunicación Ferramentas para traballo colaborativo Outras ferramentas Ferramentas para comunicación – Jitsi, videoconferencias e axuda en remoto – Matrix, estándar aberto para as...

Shotcut, solución de edición de vídeo

Seguindo coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para vídeo”, hoxe falamos de Shotcut, solución libre para editar e montar vídeo dixital. Shotcut é un proxecto recente pero que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grandes, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais. Shotcut Características Shotcut é unha software de edición de vídeo multiplataforma gratuíta e de código aberto para  FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows. Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a...

Videos

Pin It on Pinterest