Noticias destacadas

Actualidade

Radar COVID liberou o seu código fonte

Despois de varios meses en probas, finalmente liberouse o código fonte de Radar COVID. A Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial publicou nun repositorio de Github o código da aplicación de rastrexo de contactos española. Desta forma, calquera desenvolvedor poderá colaborar, revisando o código e notificando erros. Radar COVID Agora, as distintas Comunidades deben adaptar a súa aplicación de rastrexo de contactos e xestionar os positivos para que a app funcione correctamente. O código de Radar COVID publicouse baixo licenza Mozilla Public License 2.0. En Github...

Migración do municipio turco Eyüpsultan a software libre

O municipio de Eyüpsultan en Turquía obtivo flexibilidade, aforro de custos, rendemento e independencia ao facer a transición de toda a súa forza laboral a GNU/Linux e outros programas de software libre. Imaxe de: Thomas Hawk en Flickr. CC BY-NC 2.0. Modificado por Opensource.com En 2015, a Municipalidade de Eyüpsultan en Istambul, Turquía, comezou unha audaz migración cara á adopción de software libre. Isto implicou varios cambios importantes: GNU/Linux no escritorio e grandes cambios na infraestrutura de TI, incluíndo unha transición ao servidor de correo electrónico Zimbra e á base de...

Congreso esLibre, edición virtual

A edición do 2020 de esLibre celebrarase en formato en liña o 18 e 19 de setembro, transmitindo desde a Universidad Rey Juan Carlos gracias ao interés mostrado pola Oficina de Conocimiento y Cultura Libres (OfiLibre da URJC). esLibre esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, enfocado a compartir coñecemento e experiencia ao redor das mesmas. Desde a OfiLibre da URJC contan que están interesados en promover o coñecemento do software libre, como unha parte moi importante da cultura libre, e intentar recuperar a tradición da URJC de organizar eventos relacionados con...
Moitos novidades en Blender 2.90

Moitos novidades en Blender 2.90

Dispoñible Blender 2.90, nova versión da suite de creación de animacións e gráficos 3D, multiplataforma e software libre. Blender 2.90 mellora a experiencia do usuario, introduce melloras en moitos apartados como na escultura, realidade virtual, animación, modelado e edición UV, entre outras. Novidades máis destacadas – Mellora do rendemento ao usar Embre, para o seguimento de raios nas CPU. – Intel Open Image Denoise agora úsase en máis apartados. – A compatibilidade con NVIDIA OptiX agora está dispoñible en todas as GPU NVIDIA. – Soporte de NVIDIA NVLink para CUDA e...

Breves

  • LibreOffice 7.0.1, moitas melloras

    Actualización importante da suite ofimática LibreOffice, a 7.0.1. Destaca a mellora da compatibilidade con documentos de Microsoft Office (inclúe 80 correccións e melloras na compatibilidade con este tipo de documentos).

    A actualización xa está dispoñible para todos os sistemas soportados desde a páxina web oficial.

  • VirtualBox 6.1.14 con soporte para Linux 5.8

    VirtualBox agora soporta de maneira oficial o kernel Linux 5.8.

    Novidades destacadas: correccións na interface de usuario, corrixiuse unha regresión na emulación HDA de son, correccións na emulación en Windows, correccións en EFI, corrixidos dous problemas en macOS e o portapapeis agora pódese compartir, entre outros.

    Máis información na nota oficial

  • PicoRio, alternativa libre á Raspberri Pi baseada en RISC-V

    RISC-V é un dos desenvolvementos con máis potencial dentro do hardware libre, sobre todo grazas a que ten o respaldo de institucións como The Linux Foundation e AMD. PicoRio, é unha placa baseada en RISC-V creada por Imagination Technologies e a startup RIOS Laboratory que pretende ser unha alternativa á Raspberry Pi (mini-PC baseado na arquitectura ARM).

    Con RISC-V queren: “abrir o código fonte de tantos compoñentes como sexa posible, incluído o deseño da CPU e o SoC principal, chipset e deseño da mesma placa, os controladores de dispositivos e o firmware.” PicoRio está dirixida a desenvolvedores que desexen portar software a sistemas RISC-V e a usuarios avanzados que se acheguen ao que ofrece esta arquitectura.

    Características: 4 núcleos CPU RISC-V de 64 bits a 500 MHz, 1 núcleo RISC-V de 32 bits sempre activo, GPU Imagination PowerVR, Caché L2 de 512 KB, soportará interfaces LPDDR4, USB 3.0, UART, I2 C e SPI, almacenamento con microSD.

    Máis información

  • OnlyOffice mellora a súa integración con Nextcloud

    OnlyOffice conta con nova versión, mellorando a integración con Nextcloud.

    Novidades: licenza de OnlyOffice agora pasa a ser Apache 2.0, inclúe historial de versións (é posible abrir o historial de versións no panel lateral de OnlyOffice), opción para deshabilitar a verificación do certificado do servidor no que se teña instalado OnlyOffice, corrixíronse algúns erros e engadiuse soporte para idioma xaponés, entre outras.

    Máis información na nota oficial

  • Portátiles HP ZBook Fury certificados para RHEL 8 e Ubuntu 20.04

    HP presentou as novas liñas de estacións de traballo HP Z, HP ZBook e Zcentral. A liña HP Z está composta por equipos de sobremesa, a HP ZBook por portátiles e a Zcentral por equipos en rack.

    Os dous modelos de portátiles certificados para Ubuntu 20.04 e RHEL 8 son o ZBook Fury 15 G7 e o ZBook Fury 17 G7.

    Contan con pantallas de 15,6 e 17 polgadas respectivamente, podendo elexir entre procesadores Intel Comet Lake ata o Core i9-10885 H ou o Intel Xeon W-10855M, 4 ranuras SODIMM (ata 64 GB de RAM) e soporte ata 2 TB de almacenamento (SSD por PCIe).

    No apartado gráfico contan con RTX 5000 de NVIDIA Quadro, AMD Radeon RX5500 M ou a Radeon Pro W5500M.

    Máis información na web oficial

  • Kubernetes 1.19, un ano de soporte

    Nova versión de Kubernetes 1.19 (software libre para a automatización do despregamento, axuste de escala e manexo de aplicacións en contedores), que inclúe melloras de seguridade, soporte para TLS 1.3 e outras melloras de funcións.

    Novidades destacadas: versión estable de Ingress, administra o acceso externo aos servizos nunha agrupación industrial, xeralmente tráfico HTTP, ademais de que proporciona equilibrio de carga, terminación de TLS e aloxamento virtual baseado en nomes.

    Seccomp (Security Computing Mode) dispoñible como versión estable (función de seguridade do kernel de Linux que limita a cantidade de chamadas ao sistema que poden realizar as aplicacións).

    Máis información na nota de lanzamento

  • Linux From Scratch 10.0

    Nova versión do libro “Linux From Scratch”, a 10.0, que chega cunha importante reorganización.

    LFS é un tipo de instalación do sistema operativo GNU/Linux e o nome dun libro escrito por Gerard Beekmans xunto a outros. O libro é unha colección de documentos que indican os pasos para desenvolver un sistema GNU/Linux desde cero, a partir do código fonte.

    Novidades: utiliza técnicas melloradas de compilación cruzada e unha contorna illada do sistema anfitrión para construír ferramentas para o sistema final. Isto reduce tanto a posibilidade de cambiar o sistema anfitrión como o potencial deste para influír no proceso de construción da LFS.

    Máis información na nota oficial

  • Novidades interesantes de htop 3.0

    Nova versión de htop, a 3.0, (monitor de sistema interactivo, administración e visor de procesos deseñado para sistemas Unix).

    Novidades: soporte para novos parámetros con información sobre acumuladores en sysfs, opción para deshabilitar o rato, admite as estatísticas de ZFS ARC (Adaptive Replace Cache) e admite mostrar máis de dúas columnas compactas con indicadores de estado da CPU.

    Soporte para métricas proporcionadas polo subsistema de kernel PSI (Pressure Stall Information), posibilidade de mostrar a frecuencia da CPU nos indicadores de estado da CPU, pódese agregar información de topoloxía de hardware no panel de afinidade, corrección de erros, entre outros.

    Máis información na nota de lanzamento

Séguenos en...

Casos de éxito

Ferramentas para o teletraballo

Ferramentas para o teletraballo

Estes últimos meses, estivemos publicando en Mancomún varias pílulas (pequenos videotitoriais de 2 minutos de duración), para amosar ferramentas libres de software libre ou código aberto que podemos usar para mellorar o noso teletraballo. Neste artigo TIC reunimos por temáticas todas as pílulas publicadas sobre teletraballo para que poidades acceder a elas dunha maneira fácil. Ferramentas para comunicación Ferramentas para traballo colaborativo Outras ferramentas Ferramentas para comunicación – Jitsi, videoconferencias e axuda en remoto – Matrix, estándar aberto para as...

Shotcut, solución de edición de vídeo

Seguindo coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para vídeo”, hoxe falamos de Shotcut, solución libre para editar e montar vídeo dixital. Shotcut é un proxecto recente pero que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grandes, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais. Shotcut Características Shotcut é unha software de edición de vídeo multiplataforma gratuíta e de código aberto para  FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows. Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a...

Ferramentas multimedia: Solucións para vídeo

Continuando coa serie de artigos tecnolóxicos na que nos centramos en ferramentas para traballos multimedia, e unha vez abordadas as ferramentas para traballar con imaxes, pasamos agora a analizar as opcións que temos para manipular vídeo. Hoxe en día, o formato audiovisual está converténdose no máis consumido polos usuarios en detrimento do texto. Esta difusión débese en parte a que dispoñemos de dispositivos móbiles onde descargar e reproducir estes contidos sen problemas, e á mellora nas tecnoloxías (aumento das velocidades de descarga e abaratamento das tarifas 3G, 4G, ademais da...

Videos

Pin It on Pinterest