Noticias destacadas

Actualidade

A comunidade de xeodatos abertos comparte a información cos organismos públicos

Voluntarios, municipios e outras organizacións recompilan enormes cantidades de xeodatos abertos para crear e manter OpenStreetMap. Durante os últimos 17 anos, voluntarios de todo tipo cartografaron 95 millóns de km de estradas. OpenStreetMap é para todos, non só para os técnicos, e todo o mundo pode utilizar e contribuír ao mapa con datos e software libre. Detrás de OpenStreetMap hai unha comunidade masiva de voluntarios que recompilan xeodatos en bruto que indican as rúas, os camiños, os pasos de peóns, os ríos…, baseándose, por exemplo, en coordenadas GPS. En Dinamarca, estes...

Publicado o cuadraxésimo oitavo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Xa está publicado o cuadraxésimo oitavo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Maio. O proxecto destacado deste mes é Nagios, unha solución para a monitorización servizos e infraestruturas de rede. No apartado de novas destacamos a publicación dunha entrega de Mancomún Podcast, un novo vídeo resumo das novas, a nova Proxmox VE 6.4, a adquisición de Audacity por MUSE Group ou o evento Linux App Summit deste ano. Boletín Software Libre na Empresa Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as...

Proxmox VE 6.4, conta con Kernel 5.4 e modo en vivo de restauración

Proxmox Virtual Environment 6.4 (distribución baseada en Debian destinada á implementación e mantemento de servidores virtuais utilizando LXC e KVM), integra diversas actualizacións importantes. Ten ferramentas integradas para organizar a copia de seguridade de contornas virtuais e soporte para agrupacións industriais, podendo migrar contornas virtuais dun nodo a outro sen interromper o traballo. Proxmox VE 6.4 A base do sistema foi cambiada a Debian 10.9, o Kernel de Linux foi actualizado á versión 5.4, entre outras. Outras novidades: – Opción de poder utilizar a versión 5.11 do...

KDE Gear 21.04

KDE Gear 21.04, antes coñecido como KDE Applications e que inclúe algunhas das máis coñecidas aplicacións para GNU/Linux, trae moitas novidades. KDE Gear 21.04 O xestor de arquivos Dolphin, engade diferentes funcións: descomprimir múltiples arquivos á vez, abrir lugares do panel nunha nova pestana pulsando a tecla Ctrl e clic dereito, detección da raíz da copia de traballo dos repositorio (en Git, Mercurial e Subversion), e pódenser editar as opcións do menú contextual. O cliente de terminal Konsole, trae nova barra de ferramentas e inclúe botóns para cambiar de perfil, dividir a vista...

Breves

  • InfiniTime 1.0, firmware para reloxos intelixentes como o PineTime

    A comunidade de PINE64 lanzou InfiniTime 1.0, firmware oficial do reloxo intelixente PineTime, cunha licenza GPLv3.

    Como cambios importantes destacan o novo deseño da interface, melloras no administrador de notificacións e unha solución para o controlador TWI. InfiniTime utiliza o sistema operativo en tempo real FreeRTOS 10, a biblioteca de gráficos LittleVGL 7 e a pila Bluetooth NimBLE 1.3.0.

    Características principais:
    – 2 esferas de reloxo: dixital e analóxica
    – Varias aplicacións (cronómetro, control de música, navegación, frecuencia cardíaca) e xogos (Pádel e 2048)
    – Configuración de usuario (tempo de espera de visualización, formato de hora, condicións de activación)
    – Actualizacións de OTA coa axuda dun xestor de arranque FOSS baseado en MCUBoot
    – Vixilancia de frecuencia cardíaca e cálculo de pasos
    – Entre 3 e 5 días de duración da batería

    Máis información

  • Versión 3.3 de Godot, motor de xogos de software libre

    Lanzado o motor de xogos de software libre Godot 3.3, pensado para crear xogos en 2D e 3D.

    Novidades: preparouse unha versión do editor que funciona nun navegador web, agregouse a capacidade de exportar xogos para á plataforma Android en formato AAB (Android App Bundle), propúxose unha nova API para crear e distribuír complementos para iOS, mellorouse os exportadores de xogos web (HTML5), agregado soporte para o novo chip M1 de Apple, agregouse soporte para firmas dixitais de arquivos executables xerados para macOS.

    Novo construtor de mapas de iluminación (lightmapper), agregouse o complemento OpenXR para crear aplicacións de realidade virtual e aumentada, entre outros.

    Máis información

  • OpenSSH 8.6 soluciona vulnerabilidade e chega con outros cambios

    OpenSSH 8.6 (suite de aplicacións de software libre que permiten realizar comunicacións cifradas a través dunha rede usando o protocolo SSH), chega con varios cambios.

    Novidades: corrixe unha vulnerabilidade na implementación da directiva LogVerbose, implementouse unha nova extensión de protocolo «limits@openssh.com» en sftp e sftp-server, que permite ao cliente SFTP obter información sobre as restricións do servidor.

    En sftp, utilízase unha nova extensión para seleccionar o tamaño de bloque óptimo para a transferencia de datos, entre outras.

    Máis información

  • Mesa 21.1.0, melloras no soporte de controladores

    Foi lanzada a rama experimental Mesa 21.1.0.

    Mesa 21.1.0 presenta compatibilidade total con OpenGL 4.6 para os controladores 965, iris, radeonsi, zink e llvmpipe. O soporte para OpenGL 4.5 está dispoñible para a GPU AMD (r600) e NVIDIA (nvc0), e OpenGL 4.3 a virgl (virtual a GPU Virgil3D para QEMU / KVM). Vulkan 1.2 é compatible con tarxetas Intel e AMD, e Vulkan 1.0 para VideoCore VI (Raspberry Pi 4).

    Outras novidades: melloras nos controladores e no soporte das extensións. RADV implementa a compatibilidade con VRS. O controlador D3D12 Gallium cunha capa OpenGL sobre API DirectX 12 (D3D12) proporciona compatibilidade con OpenGL 3.3. Inclusión dun novo controlador venus que integra a implementación de GPU virtual (virtio-gpu) baseado na API de Vulkan. O controlador Zink (implementación da API OpenGL sobre Vulkan) inclúe soporte para OpenGL 4.6 e OpenGL 3.1, entre outras.

    Máis información

  • Fedora 34 chega con GNOME 40 e PipeWire

    Liberouse Fedora 34, última versión da distribución comunitaria e patrocinada por Red Hat.

    Como novidades principais Fedora 34 chega coa contorna de escritorio GNOME 40 e con PipeWire (novo servidor de son predeterminado). PipeWire substituirá a PulseAudio e JACK, pero encargarase tamén de parte do soporte de captura e compartición da pantalla en Wayland.

    Outras novidades: a cantidade de zRAM cambiou do 50% da RAM ao 100% ata un tamaño máximo de 8 gibibytes. Utilízase Btrfs como sistema de ficheiros predeterminado, habilitación por defecto de ‘systemd-oomd’. KDE Plasma agora utiliza a sesión de Wayland por defecto.

    En Fedora IoT, orientada ao Internet das Cousas, mellorouse o soporte ao abarcar dispositivos ARM como os de Pine64, RockPro64 e Jetson Xavier NX.

    Máis información

  • Kdenlive 21.04, nova opción de voz a texto

    O lanzamento de Kdenlive 21.04 (programa de edición de vídeo de software libre), chega cargado de novidades. Melloras na interface e na usabilidade do programa, corrixiron moitos fallos e engadiron varias funcións interesantes como unha que transcribirá automaticamente o son a texto (soporta 17 idiomas, de momento).

    Outras novidades: Melloraron as barras de zoom para que sexa máis fácil ampliar ou reducir o campo de acción. Mellorouse a liña de tempo e agora vense mellor as cores de guías e marcadores. Novo navegador multimedia, melloras no panel do fotograma crave.

    Novos efectos, como o de texto que aparece gradualmente. O efecto estroboscopio alfa agora pódese aplicar ao texto, imaxes ou vídeos. Melloras da compatibilidade con Flatpak, entre outras.

    Máis información

  • Declaración conxunta sobre o desenvolvemento do iD de OSM

    Tivo lugar unha declaración conxunta de Quincy Morgan e o Consello da Fundación OpenStreetMap, sobre o desenvolvemento de iD:

    Despois de dous anos e medio desenvolvendo iD, Quincy desexa pasar o testigo por razóns persoais. En conxunto coa Fundación OpenStreetMap, deixará iD en boas mans. A Fundación está actualmente comezando o proceso de busca de alguén que o substitúa cunha consulta á comunidade de OSM sobre un posto pagado que sirva ás persoas usuarias de iD.

    Máis información

  • Slimbook OS e outras novidades da empresa

    Slimbook, unha das empresas españolas que comercializa equipos con GNU/Linux instalado ten varias novidades:

    Slimbook OS, distro propia de Slimbook, foi actualizada. Con base Ubuntu, conta con algunhas melloras e modificacións especialmente pensadas para os equipos desta marca. Ademais, contén os mellores drivers para espremer o seu hardware.

    – Slimbook Kymera foi actualizado coas últimas versións dos microprocesadores Intel e AMD (Intel Core de 11ºGen e os AMD Ryzen 5000 Series Zen 3).

    – Slimbook Essential 15″ agora virá equipado con microprocesadores AMD Ryzen 4000 Series.

    – Novo teclado Slimbook K83 RGB. Teclado con luz LED RGB configurable (velocidade de efectos, 7 cores fixas, 5 niveis de brillo, 6 modos de iluminación e 6 zonas diferentes), con membrana de silicona de efecto mecánico, con amplo percorrido. Conta con base cuberta metálica para maior estabilidade, cable trenzado USB e tecla Tux.

    Máis información

Séguenos en...

Casos de éxito

Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, lanzaron no ano 2020 a terceira edición do programa ‘GIRL STEM: derrubando estereotipos’, que busca reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de persoas matriculadas. O programa achegou seis conversas gravadas con mulleres referentes, que achegaron a súa experiencia ás rapazas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos....
Ferramentas para o teletraballo

Ferramentas para o teletraballo

Estes últimos meses, estivemos publicando en Mancomún varias pílulas (pequenos videotitoriais de 2 minutos de duración), para amosar ferramentas libres de software libre ou código aberto que podemos usar para mellorar o noso teletraballo. Neste artigo TIC reunimos por temáticas todas as pílulas publicadas sobre teletraballo para que poidades acceder a elas dunha maneira fácil. Ferramentas para comunicación Ferramentas para traballo colaborativo Outras ferramentas Ferramentas para comunicación – Jitsi, videoconferencias e axuda en remoto – Matrix, estándar aberto para as...

Shotcut, solución de edición de vídeo

Seguindo coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para vídeo”, hoxe falamos de Shotcut, solución libre para editar e montar vídeo dixital. Shotcut é un proxecto recente pero que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grandes, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais. Shotcut Características Shotcut é unha software de edición de vídeo multiplataforma gratuíta e de código aberto para  FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows. Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a...

Videos

Pin It on Pinterest