
Noticias destacadas

O 28 de xuño no GaiásTech, en horario de 10:00 a 11:00, terá lugar a charla “A transformación...

Pílula sobre F-droid, repositorio de aplicacións libres no teu peto
Nesta entrega veremos como obter unha gran cantidade de aplicacións libres para Android, a través...

Precisas un Centro de Atención a Usuarios? Proba o novo GLPI 10
O 23 de xuño, en horario de 10:00 a 11:00, o GaiásTech organiza a charla “Precisas un Centro de...

Xestión integral dunha peme con Software Libre: Odoo ERP
Organizado por AGASOL, o 17 de Xuño de 2022, en horario de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar a...
Actualidade
Ubuntu Core 22 conta agora con kernel en tempo real
Canonical anunciou o lanzamento de Ubuntu Core 22, nova versión do sistema para IoT e dispositivos embebidos. Ubuntu Core Ubuntu Core 22 ten como base Ubuntu 22.04 LTS, é un sistema centrado no minimalismo e a seguridade para atender ao sector industrial. Os seus lanzamentos restrínxense ás versións de soporte estendido da edición principal de Ubuntu e o seu mantemento alóngase ata os dez anos de soporte. Inclúen un sistema mínimo que reduce os erros e os riscos, containerización para garantir unha seguridade avanzada a partir dun confinamento estrito e pleno soporte do formato de paquetes...
Convenio entre Mozilla e K-9 Mail
Mozilla suma a K-9 para que Thunderbird teña versión móbil. Thunderbird é o cliente de correo electrónico libre que está instalado en gran parte das distribucións GNU/Linux. K-9 Mail Cliente de software libre para dispositivos móbiles enfocado en facilitar a lectura de grandes volumes de correo electrónico. Funciona co protocolo IMAP e ten soporte para cifrado GPG. Pode traballar con múltiples contas e posúe unha caixa de entrada unificada. A versión móbil de Thunderbird construirase sobre a aplicación K-9 Mail. O mantedor do proxecto, Christian Ketterer, unirase ao persoal de Thunderbird....
AlmaLinux 9
AlmaLinux 9, é a nova versión sucesora de CentOS e derivada de Red Hat Enterprise Linux (RHEL). AlmaLinux 9 recolle de RHEL 9 todas as actualizacións, incluíndo optimizacións de rendemento e melloras de seguridade, así como novas versións de compoñentes. AlmaLinux 9 engade, ademais, novos repositorios para SAP e SAPHANA. AlmaLinux 9 introduce a opción de instalar facilmente entornos de escritorio alternativos ao GNOME predeterminado, contando con: GNOME, GNOME-mini, KDE e Xfce, entre outros. A distribución pódese descargar para as arquitecturas: Intel/AMD (x86_64), ARM64 (aarch64), IBM...
Firefox 101, melloras para videoconferencia
Nova versión de Firefox, a 101, deste navegador libre que corrixe 30 vulnerabilidades, implementa o soporte experimental para a terceira versión do manifesto de Chrome e implementa a capacidade de usar simultaneamente unha cantidade arbitraria de micrófonos durante unha videoconferencia. Outras novidades: inclúe soporte para o protocolo WebDriver BiDi, que permite utilizar ferramentas externas para automatizar o traballo e o control remoto do navegador. En Firefox para Android agrega soporte para a función ampliar áreas de pantalla introducida en Android 9, coa que se pode ampliar o contido...
Casos de éxito
Aplicacións libres para Android: F-Droid, repositorio de aplicacións libres no teu peto
Nesta entrega veremos como obter unha gran cantidade de aplicacións libres para Android, a través do repositorio de F-Droid. F-Droid F-Droid é un repositorio de aplicacións de software libre para Android verificadas, e tamén un completo «kit de tenda de aplicacións», proporcionando todas as ferramentas necesarias para montar e facer funcionar un almacén ou tenda de aplicacións. É un proxecto de software libre comunitario, desenvolto por un amplo rango de contribuidores. Tamén inclúe ferramentas completas para compilación e publicación, para xestionar o proceso de transformación do código...
Aplicacións de software libre para usuarios de a pé: deseño vectorial con Inkscape
Falamos esta vez de Inkscape, editor de gráficos vectoriais libre. Con Inkscape poderás crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas. Inkscape Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por funcións matemáticas, polo que nos permiten redimensionar as imaxes sen perder calidade. O formato principal que utiliza o programa é Scalable Vector Graphics (SVG), pero desde...
Aplicacións de software libre para usuarios de a pé: edición de vídeo con Shotcut
Shotcut é un proxecto que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grande, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais. Shotcut Shotcut é un software de edición de vídeo multiplataforma gratuíto e de código aberto para FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows. Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a través de FFmpeg. Utiliza unha liña de tempo para a edición de vídeo non lineal de varias pistas que pode estar composta de varios formatos de arquivo. Características destacadas: – Posúe aceleración por...
Videos
Pílula sobre uso de máquinas virtuais para sinatura dixital
Pílula sobre o uso das máquinas virtuais para sinatura dixital empregando software libre
Ferramentas Empresariais: Pílula sobre CiviCRM, xestor de relacións entre contactos do Terceiro Sector
Pílula sobre o xestor de relacións entre contactos do Terceiro Sector CiviCRM que conta o que é e como funcionar con el
Pílula para o teletraballo: conferencias online con BigBlueButton
Vídeo explicativo sobre como funcionar con BigBlueButton, o sistema de conferencias web deseñado como unha solución de aprendizaxe en liña
Séguenos en...