Noticias destacadas

Actualidade

Créase un directorio de código financiado publicamente

OpenUK, a Fundación Europea do Software Libre (FSFE), OpusUV e Public Money/Public Code veñen de lanzar o directorio de código público. Este directorio trátase dun repositorio distribuído e federado onde se poden atopar proxectos libres financiados con orzamento público de calquera parte do mundo. A iniciativa xorde para darlle un punto común a todo ese software que se está desenvolvendo grazas á contribución da cidadanía mediante os seus impostos e que pretende dar unha maior visibilidade a eses proxectos que aínda que inicialmente se desenvolveron con un enfoque local poden ter un impacto...

A Comunidade O Zulo organiza a Xornada Software e Cultura Libre Autoxestionada 2018

Este sábado 3 de novembro, no Centro Socio Cultural Casas Baratas de Mugardos, a asociación Comunidade O Zulo organiza unha Xornada de Software e Cultura Libre e Autoxestionada. En xornada de tarde, entre as 17:00 e as 20:00, poderemos asistir, de xeito gratuíto, a tres palestras: 17:30 – Introdución a web mapping, a cargo de Christian López 18:15 – Proxecto GaliciaCorre.es, con Diego 19:00 – “QGIS para non informáticos: una introdución a súa aplicación en entornos mariños”, de parte de Sergio Permuy Na páxina principal do evento poderedes atopar máis...

A asociación GALPon convídanos a unirnos á súa sala de Matrix

Matrix é un protocolo estándar e aberto que ofrece un servizo de comunicacións descentralizada e instantánea a través de internet, podendo implementarse sobre el varios servizos como mensaxería instantánea ou chat, videoconferencias, envío de ficheiros, chamadas de voz… Este servizo, garante a seguridade dos datos e permite o cifrado extremo a extremo das comunicacións. A parte do tipo de comunicación puramente a través de Matrix, tamén permite empregar pontes entre outros sistemas de comunicación como IRC, Skype, Slack… Temos a posibilidade de instalar o software en...

Publicado o décimo séptimo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Xa está publicado o décimo septimo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Outubro. O proxecto destacado deste mes é Jitsi, unha plataforma de videoconferencia, chat e telefonía IP. No apartado de novas destacamos a celebración dun obradoiro de FreeCAD e un curso de Arduino, a publicación dun novo número da publicación Xeración Ñu, a liberación de MiniNo e varios obradoiros de tecnoloxías libres. Boletín Software Libre na Empresa Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software...

Breves

  • Liberada Fedora 29

    A distribución comunitaria da familia Red Hat, Fedora, libera a súa versión número 29, que chega 15 anos despois da primeira Fedora Core. As novidades de Fedora 29 pódense consultar no anuncio da versión.

  • Nova versión de PostgreSQL

    O sistema xestor de bases de datos libre PostgreSQL ven de liberar a súa versión número 11 que conta con diversas novidades e corrección de erros que se poden ver na nota da versión.

  • KDE recibe 300.000$ de Handshake

    A asociación detrás de KDE Plasma e KDE Applications (KDE e.V.) que acaba de cumprir 22 anos ven de anunciar a nova de que Handshake Foundation realizará unha doazón de 300.000$ dos que 100.000$ serán destinados a suite ofimática Calligra.

  • Liberado o Audacity 2.3.0

    O editor de son Audacity ven de presentar a súa versión 2.3.0 que conta coa corrección de máis de 90 erros e novidades que se poden ver na nota da versión que está dispoñible dende a páxina de descargas.

     

  • Canonical acaba de anunciar o soporte extendido de Ubuntu 14.04

    A versión 14.04 LTS de Ubuntu rematará de recibir actualizacións de balde no próximo abril, debido a isto, Canonical anunciou o seu soporte extendido (ESM) o cal se poderá contratar para contar con soporte durante un tempo extra.

  • Nextcloud 14 xa dispoñible

    O software de produtividade e compartición de ficheiros Nextcloud saca nova versión mediante a cal introducen melloras como o 2FA mediante SMS, Signal e Telegram; melloras no cumprimento do GDPR e verificación por vídeo. Máis información na nova da páxina de Nextcloud.

  • A distribución de GNU/Linux Debian cumpre 25 anos

    A distribución de GNU/Linux Debian chegou aos 25 anos de idade o 16 de agosto, día no que o seu creador Ian Murdock anuncia a creación de dita distribución. Debian é unha das distribucións comunitarias máis importantes, sendo descendente desta Ubuntu, Kali Linux e Raspbian entre outras moitas. Debian destaca por ser unha distribución composta solo por software libre e por soportar 10 arquitecturas de hardware distintas.

  • GNOME recibe 400.000 $ de Handshake.org

    A Fundación GNOME recibe en concepto de doazón 400.000 $ de parte de HandShake.org. A cantidade repártese entre GNOME, que recibe 300.000, e GIMP, que recibe 100.000. Outros proxectos como Apache, Wikipedia, FSF, FreeBSD, Python, TOR e outros máis tamén recibiron doazóns de Handshake.org

Séguenos en...

Casos de éxito

Solucións libres para a xestión de proxectos

Solucións libres para a xestión de proxectos

O software de asistencia para a xestión de proxectos é unha necesidade presente na meirande parte das empresas e institucións. Esta necesidade é fundamental nos departamentos onde se xestionan proxectos de enxeñaría tanto de software como as enxeñarías máis clásicas. Os programas de xestión de proxectos con frecuencia teñen varias funcionalidades como poden ser a planificación de proxectos a xestión e control de orzamentos a asignación de recursos e a xestión de calendarios. Pero non todas as ferramentas alternativas teñen todas estas opcións, hai algunhas que se centran máis nunhas en...
GIS para xeoportais

GIS para xeoportais

Despois de ter revisado e analizado as ferramentas GIS de escritorio, neste artigo tocaba facer un repaso polas diversas ferramentas libres que existen no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica que nos permiten poñer en marcha un xeoportal web. As posibilidades son varias, dende a opción de obter unha mesma todas as pezas necesarias para poñelo en marcha e facer os desenvolvementos pertinentes para integralas ao noso gusto e coas funcionalidades que desexemos, ata as posibilidades que hai hoxe en día que fan unha boa parte de todo ese traballo por nós reutilizando os compoñentes...
GIS de escritorio, comparativa e alternativas

GIS de escritorio, comparativa e alternativas

gvSIG e QGIS, os programas libres hexemónicos no mundo dos sistemas de información xeográfica. Aínda que existe máis software SIX no mundo do software libre, os dous grandes proxectos que se gañaron practicamente todo o mercado son gvSIG e QGIS. Ambos teñen unha comunidade bastante grande e activa que fixeron e fan evolucionar estes dous proxectos, cabe destacar como diferencia entre as dúas aplicacións que gvSIG naceu grazas á Generalitat Valenciana que iniciou o proxecto en 2004 mentres que QGIS naceu grazas a unha persoa (Gary Sherman), que iniciou o proxecto en 2002 e posteriormente...

Videos

Pin It on Pinterest